Inicio Pontevedra Vigo acolleu o I Foro Internacional de Tecnoloxías 4.0 Aplicadas ao naval

Vigo acolleu o I Foro Internacional de Tecnoloxías 4.0 Aplicadas ao naval

Zona Franca Vigo premia ás mellores empresas galegas de ARDÁNO Teatro Afundación acolleu o I Foro Internacional de Tecnoloxías 4.0 Aplicadas ao naval, impulsado pola Deputación, que reuniu á industria e a expertas e expertos internacionais

“O futuro de Europa é o futuro de seguir colaborando xuntos e xuntas para construír un traballo de desenvolvemento e referencia na aplicación das novas tecnoloxías no sector naval”. Foi a apelación da presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, no acto de apertura esta mañá en Vigo do I Foro Internacional de Tecnoloxías 4.0 Aplicadas ao Sector Naval, unha iniciativa impulsada pola institución provincial que ten por obxectivo mellorar a competitividade da industria mediante a aplicación de novas tecnoloxías. O evento, enmarcado nas actividades programadas do proxecto IN 4.0 da Deputación, tamén contou coa presenza do vicepresidente da Asociación de Industriais Metalúrxicos (ASIME), Rafael Outeiral; co xerente do Clúster Naval de Galicia (ACLUNAGA), Óscar Gómez; co director xeral da Mariña Mercante, Benito Núñez; e co alcalde de Vigo, Abel Caballero, así como de expertas e expertos internacionais da industria.O Teatro Afundación acolleu o I Foro Internacional de Tecnoloxías 4.0 Aplicadas ao naval, impulsado pola Deputación, que reuniu á industria e a expertas e expertos internacionais “O futuro de Europa é o futuro de seguir colaborando xuntos e xuntas para construír un traballo de desenvolvemento e referencia na aplicación das novas tecnoloxías no sector naval”. Foi a apelación da presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, no acto de apertura esta mañá en Vigo do I Foro Internacional de Tecnoloxías 4.0 Aplicadas ao Sector Naval, unha iniciativa impulsada pola institución provincial que ten por obxectivo mellorar a competitividade da industria mediante a aplicación de novas tecnoloxías. O evento, enmarcado nas actividades programadas do proxecto IN 4.0 da Deputación, tamén contou coa presenza do vicepresidente da Asociación de Industriais Metalúrxicos (ASIME), Rafael Outeiral; co xerente do Clúster Naval de Galicia (ACLUNAGA), Óscar Gómez; co director xeral da Mariña Mercante, Benito Núñez; e co alcalde de Vigo, Abel Caballero, así como de expertas e expertos internacionais da industria. Na súa intervención, a presidenta provincial recordou que “esta industria é fundamental para o noso país, para Galicia e para Vigo” e fixo fincapé na necesidade de “que a revolución tecnolóxica forme parte da nosa acción política, económica e industrial”. Tamén quixo enxalzar a importancia de proxectos como o IN 4.0, “no que todo o espazo atlántico traballa xunto”. “Somos zonas pequenas para competir, pero xuntas somos moi grandes e podemos chegar a ser moito máis produtivas”, declarou a presidenta. “Precisamos de proxectos coma este, do IN 4.0, que son o inicio de todo. Temos que seguir con iniciativas que permitan a implantación das novas tecnoloxías”, declarou Silva. Tamén afirmou que “imos seguir colaborando con ASIME e ACLUNAGA. Contan coa Deputación para seguir desenvolvendo proxectos que manteñan o noso potencial industrial”. Amais, subliñou en que a institución provincial “se pon do seu lado para poñer en marcha iniciativas que permitan que un sector tan importante poida ter asegurado o seu futuro, non a logo prazo, senón inmediato”. Pola súa banda, o alcalde de Vigo, Abel Caballero, que enxalzou “que temos a industria naval privada máis importante de Europa”, puxo o foco en que “o sector naval non funciona no libre mercado, senón a través de núcleos de influencias e con capacidades de presión. Por iso é importante que esteamos xuntos e xuntas. No proxecto de recuperación do naval temos que ocupar todas as parcelas e todos os papeis. Vós, a industria, tendes que levar o proceso tecnolóxicos e nós, as administracións, darvos o apoio”. O vicepresidente de ASIME, Rafael Outeiral, quixo salientar que “as novas tecnoloxías cambiarán os nosos sistemas produtivos e as nosas relacións laborais e que, lonxe de velas como unha ameaza, hai que ollalas como unha oportunidade extraordinaria para mellorar a competitividade das nosas empresas, para contribuír a xerar riqueza e emprego na nosa sociedade”. Tamén incidiu na necesidade no “sector naval dun maior grao de esforzo innovador para aplicar novas tecnoloxías ao modelo de negocio”. Outeiral concluíu a súa intervención asegurando que “innovar é facer un esforzo interno por mellorar os produtos e procesos, axudándose das novas tecnoloxías para ser máis competitivos e competitivas”. Dende ACLUNAGA, Óscar Gómez avalou con datos a importancia do sector naval na economía. “Temos 14.000 traballadores directos e traballadoras directas e representamos 2,2% do PIB de Galicia. Somos unha industria que precisa ser respectada”, asegurou. “Queremos agradecer á Deputación o seu esforzo polo naval porque, grazas a este proxecto, temos unha difusión máis ampla”, continuou. Seguiu reivindicando “que queremos un apoio e una axuda que ten moita repercusión sobre determinadas zonas a crea tantos empregos directos. Dende logo, precisamos dun esforzo e dun investimento inmediatos”. O director xeral da Mariña Mercante, Benito Núñez, puxo en valor a industria naval, da que salientou “o importante capital humano, tecnolóxico e económico e que, ademais, ten un efecto de arrastre na innovación e na mellora do tecido industrial da economía do país”. Engadiu que “as novas tecnoloxías poden contribuír a dar un carácter de diferenza aos servizos que presta o sector naval”. E, por último, recalcou que a importancia da xornada radicaba en que “aínda que o ámbito xeográfico deste proxecto fai referencia á cordilleira atlántico-europea, pode ser aplicable ao resto de estaleiros españois”. Despois desta primeira conferencia, a xornada continuou coa presentación dos resultados dun informe de diagnose sobre o estado de implantación da industria 4.0 nos países do arco atlántico europeo que integran o proxecto IN 4.0, que son Reino Unido, Francia, España, Irlanda e Portugal. Tras a súa análise, e despois da posta en marcha de 20 tecnoloxías diferentes no sector, pasouse a explicar as cinco seleccionadas polo seu nivel de maduración, considerado óptimo para comezar a aplicar na industria. Máis polo miúdo, trátanse de tecnoloxías como a visión artificial, a realidade aumentada, a monitorización, a robotización e as plataformas colaborativas.

Na súa intervención, a presidenta provincial recordou que “esta industria é fundamental para o noso país, para Galicia e para Vigo” e fixo fincapé na necesidade de “que a revolución tecnolóxica forme parte da nosa acción política, económica e industrial”. Tamén quixo enxalzar a importancia de proxectos como o IN 4.0, “no que todo o espazo atlántico traballa xunto”. “Somos zonas pequenas para competir, pero xuntas somos moi grandes e podemos chegar a ser moito máis produtivas”, declarou a presidenta.

“Precisamos de proxectos coma este, do IN 4.0, que son o inicio de todo. Temos que seguir con iniciativas que permitan a implantación das novas tecnoloxías”, declarou Silva. Tamén afirmou que “imos seguir colaborando con ASIME e ACLUNAGA. Contan coa Deputación para seguir desenvolvendo proxectos que manteñan o noso potencial industrial”. Amais, subliñou en que a institución provincial  “se pon do seu lado para poñer en marcha iniciativas que permitan que un sector tan importante poida ter asegurado o seu futuro, non a logo prazo, senón inmediato”.

Pola súa banda, o alcalde de Vigo, Abel Caballero, que enxalzou “que temos a industria naval privada máis importante de Europa”, puxo o foco en que “o sector naval non funciona no libre mercado, senón a través de núcleos de influencias e con capacidades de presión. Por iso é importante que esteamos xuntos e xuntas. No proxecto de recuperación do naval temos que ocupar todas as parcelas e todos os papeis. Vós, a industria, tendes que levar o proceso tecnolóxicos e nós, as administracións, darvos o apoio”.

O vicepresidente de ASIME, Rafael Outeiral, quixo salientar que “as novas tecnoloxías cambiarán os nosos sistemas produtivos e as nosas relacións laborais e que, lonxe de velas como unha ameaza, hai que ollalas como unha oportunidade extraordinaria para mellorar a competitividade das nosas empresas, para contribuír a xerar riqueza e emprego na nosa sociedade”. Tamén incidiu na necesidade no “sector naval dun maior grao de esforzo innovador para aplicar novas tecnoloxías ao modelo de negocio”. Outeiral concluíu a súa intervención asegurando que “innovar é facer un esforzo interno por mellorar os produtos e procesos, axudándose das novas tecnoloxías para ser máis competitivos e competitivas”.

Dende ACLUNAGA, Óscar Gómez avalou con datos a importancia do sector naval na economía. “Temos 14.000 traballadores directos e traballadoras directas e representamos 2,2% do PIB de Galicia. Somos unha industria que precisa ser respectada”, asegurou. “Queremos agradecer á Deputación o seu esforzo polo naval porque, grazas a este proxecto, temos unha difusión máis ampla”, continuou. Seguiu reivindicando “que queremos un apoio e una axuda que ten moita repercusión sobre determinadas zonas a crea tantos empregos directos. Dende logo, precisamos dun esforzo e dun investimento inmediatos”.

O director xeral da Mariña Mercante, Benito Núñez, puxo en valor a industria naval, da que salientou “o importante capital humano, tecnolóxico e económico e que, ademais, ten un efecto de arrastre na innovación e na mellora do tecido industrial da economía do país”. Engadiu que “as novas tecnoloxías poden contribuír a dar un carácter de diferenza aos servizos que presta o sector naval”. E, por último, recalcou que a importancia da xornada radicaba en que “aínda que o ámbito xeográfico deste proxecto fai referencia á cordilleira atlántico-europea, pode ser aplicable ao resto de estaleiros españois”.

Despois desta primeira conferencia, a xornada continuou coa presentación dos resultados dun informe de diagnose sobre o estado de implantación da industria 4.0 nos países do arco atlántico europeo que integran o proxecto IN 4.0, que son Reino Unido, Francia, España, Irlanda e Portugal. Tras a súa análise, e despois da posta en marcha de 20 tecnoloxías diferentes no sector, pasouse a explicar as cinco seleccionadas polo seu nivel de maduración, considerado óptimo para comezar a aplicar na industria. Máis polo miúdo, trátanse de tecnoloxías como a visión artificial, a realidade aumentada, a monitorización, a robotización e as plataformas colaborativas.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

693FansGóstame
311SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies