Inicio Galicia Lugo 'VíaGalicia favorece a creación dun ecosistema emprendedor baseado no talento' sinalan Conde...

‘VíaGalicia favorece a creación dun ecosistema emprendedor baseado no talento’ sinalan Conde e Pedrosa

ViaGalicia (Copiar)

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, e maila delegada do Estado no Consorcio da Zona Franca, Teresa Pedrosa, asistiron hoxe en Pantón á xuntanza de máis de cen emprendedores do norte e do sur de Galicia que durante dous días están a convivir nun evento activador da colaboración empresarial. Estas xornadas sirven de preparación do Demo Day que se celebrará a próxima semana e do que sairán os 15 finalistas que pasarán á fase de aceleración da cuarta edición de ViaGalicia. Os 40 proxectos que participan na sedes de Vigo e Lugo, apostan pola fábrica intelixente en sectores estratéxicos como o téxtil, a alimentación e a pesca ou o ámbito aeroespacial.

Pedrosa animou a todos os participantes a seguir activando a creatividade a prol do desenvolvemento económico de Galicia “voso é o futuro, da vosa imaxinación e de voso esforzo depende o país” dixo a Delegada da Zona Franca. Conde, destacou que esta iniciativa contribúe a favorecer un ecosistema emprendedor que aposta pola Industria 4.0, o talento, a creatividade, as novas ideas e unha cultura na que se pon especial énfase no coñecemento e a creación de valor.

Os 20 proxectos participantes en Vigo na Fase de Academia de VíaGalicia optan, xunto a outra vintena de propostas de emprendedores seleccionadas para a sede de Lugo, a formar parte dos 15 proxectos finalistas, aos que se unirán outras tres iniciativas vinculadas co ámbito aeroespacial que se instalarán no edificio de Porto do Molle.

Os responsables da consellería de Industria e da Zona Franca subliñaron a importancia deste tipo de xornadas porque permiten aos participantes coñecer mecanismos que facilitan dar visibilidade ás súas propostas, destacar os seus puntos fortes e marcar liñas estratéxicas que consoliden os seus produtos no mercado.

A Xunta colabora coa Zona Franca nesta nova edición de VíaGalicia, á que xa se teñen presentado 300 ideas de negocio, dando continuidade aos resultados obtidos nas tres anteriores convocatorias, para as que se seleccionaron 80 proxectos, se puxeron en marcha 35 empresas e se crearon máis de 100 empregos. Esta aposta polo emprendemento contribúe a consolidar as cifras de creación de empresas no só na comarca de Vigo xa que na provincia de Lugo aumentaron nun 23,2% durante o ano pasado -sete puntos máis que a media galega-, cando se constituíron 457 empresas.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

38FansGóstame
271SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies