spot_img
InicioVigo e áreaO PorriñoVeciñas do Porriño confeccionan mascarillas e traxes de protección para sanitarios e...

Veciñas do Porriño confeccionan mascarillas e traxes de protección para sanitarios e policias locais

Mulleres do municipio do Porriño confeccionan mascarillas e traxes de protección para a policia local, os sanitarios do Centro de Saúde e do personal do Servicio de Axuda no FogarMulleres do municipio do Porriño confeccionan mascarillas e traxes de protección para a policia local, os sanitarios do Centro de Saúde e do personal do Servicio de Axuda no Fogar

Un grupo de veciñas da parroquia porriñesa de Cans fixeron entrega dun lote de traxes de protección confeccionados por elas mesmas que se entregaron ao Concello do Porriño para a súa utilización polos traballadores do Servizo de Axuda no Fogar (SAF). Nestes día o persoal do SAF está a prestar unha importantísima tarefa de apoio a persoas maiores, discapacitadas ou que bien soas.

Por outra banda outro grupo de mulleres porriñesas, entre elas a propia Eva García, alcaldesa da vila, están a confeccionar cos seus propios medios e nas súas casas, tanto patróns para os “EPI” como mascariñas de protección de dous tipos que entregan periódicamente tanto á Policía Local como tamén aos profesionais sanitarios que están a traballar no Centro de Saúde.

Tanto o material para os EPIs (traxes de protección) como para as mascariñas procede de doazóns de empresas porriñesas ás que o Concello agradece a súa desinteresada colaboración.

- Publicidade -spot_img