spot_img
InicioBaixo MiñoUnha vintena de postos participarán na Feira de Oportunidades de Tui

Unha vintena de postos participarán na Feira de Oportunidades de Tui

Unha vintena de postos participarán na Feira de Oportunidades de TuiO evento que organiza ACITUI será no Paseo da Corredoira e contará coas medidas e protocolos de seguridade fronte á COVID-19

Presentouse na casa do Concello  de Tui a Feira de Oportunidades, que organiza ACITUI en colaboración co Concello de Tui. No acto estiveron presentes alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, a Concelleira de Comercio, Ana Mª Núñez e o presidente da Asociación de Comerciantes e Industriais de Tui, ACITUI, Juan Carlos Blanco.

Haberá 20 postos de téxtil, calzado, complementos e xoguetes distribuídos polo Paseo da Corredoira este sábado e domingo, en horario de 11 h a 21 h.  Ademais en ambas xornadas contarase con diversas actuacións musicais. O sábado actuará a banda Lembranzas da Terra e Carmen Penin na Praza da Fromista. Pola noite as Lagharteiras, serán as protagonistas, no Palco da Música. O domingo haberá pasarrúas da mán do Grupo Xuntanza de Randufe e a visita de Mickey e Minnie.

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro apuntou na súa intervención a necesidade de apoiar ao comercio local, un dos sectores máis castigados pola actual crise sanitaria. Un evento “compatible e necesario” que pode desenvolverse con seguridade na cidade. Tamén, recordou que o Concello de Tui mobilizou 1 millón de euros para tratar de paliar precisamente os efectos económicos da pandemia da COVID-19.

A concelleira de Comercio, Ana Mª Núñez sinalou esta Feira de oportunidades coma un evento de vital importancia para que o comercio local poida dar saída ao seu stock.

Mentres, o presidente de ACITUI, Juan Carlos Blanco aproveitou para convidar á cidadanía a visitar a Feira, que contará coas medidas necesarias para garantir a seguridade dos asistentes e suporá un “impulso ao comercio local”.

A Feira de Oportunidades tivo que aprazarse en marzo debido ao estado de alarma. Esta fin de semana celebrarase cumprindo os protocolos sanitarios. Haberá control de aforo e de temperatura, os postos estarán delimitados e diferenciarase os accesos e as saídas, para evitar aglomeracións. Ademais, os asistentes deberán levar a máscara e terán a súa disposición xel desinfectante.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.