spot_img
InicioVal MiñorBaionaTerras Gauda patrocina os Premios Nacionais de Vela por 13º ano consecutivo

Terras Gauda patrocina os Premios Nacionais de Vela por 13º ano consecutivo

Terras Gauda patrocina os Premios Nacionais de Vela por 13º ano consecutivoOs galardóns máis prestixiosos do panorama náutico español serán entregados no Monte Real Club de Yates de Baiona o sábado 5 de setembro

Terras Gauda mantén a súa vinculación ao deporte náutico por excelencia a nivel nacional, a vela. Por décimo terceira edición consecutiva, a adega patrocina os galardóns de maior prestixio para os profesionais desta modalidade deportiva: os Premios Nacionais de Vela, creados hai 28 anos para recoñecer o traballo de institucións e deportistas en favor deste deporte.

O presidente do grupo adegueiro, José Mª Fonseca Moretón, asistiu no Monte Real Club de Yates de Baiona á presentación, na que participaron José Luis Álvarez, presidente do Monte Real Club de Yates; Ignacio Cuartero, Comandante director da Escola Naval Militar de Marín; Walter Álvarez, director territorial de ABANCA, Carlos Gómez, alcalde de Baiona; Gorka Gómez, Deputado de Deportes a Deputación de Pontevedra e Ignacio Sánchez Otaegui, comodoro do Monte Real.

O vindeiro sábado, 5 de setembro, a partir das 20.00 horas, celebrarase a gala de entrega, durante o desenvolvemento do 35º Trofeo Príncipe de Asturias.

Co seu apoio a estes premios, a adega achega o seu gran de area para destacar o labor de profesionais e organismos deportivos que puxeron en alza a vela ao longo dos anos. Unha modalidade deportiva cuns valores que, desde Terras Gauda, compártense: a importancia do traballo en equipo, a capacidade de esforzo e de superación.

No palmarés de premiados desta edición, Jordi Xammar e Nico Rodríguez, Equipo Olímpico 2019; Pablo Santurde, Patrón do ano, TANIT IV MEDILEVEL, mellor embarcación; Conrad Konitzer e Fernando Rodríguez, equipo xuvenil; Abril Verde, monotipo do ano; e Nico Martínez, Premio Mariano Augado de Comunicación.

- Publicidade -spot_img