spot_img
InicioBaixo MiñoO Paseo da Corredoira de Tui acolle a esposición "Domingo de Andrade,...

O Paseo da Corredoira de Tui acolle a esposición “Domingo de Andrade, xenio e oficio”

O Paseo da Corredoira de Tui acolle a esposición Domingo de Andrade, xenio e oficioA exposición «DOMINGO DE ANDRADE: XENIO E OFICIO», está organizada pola Consellería de Cultura e Turismo e o COAG con motivo do Día das Artes Galegas 2020 
“Domingo de Andrade, xenio e oficio” é o título da exposición que podemos visitar no Paseo da Corredoira de Tui. No percorrido polos paneis expositivos podemos coñecer con detalle a súa vida e obra deste arquitecto barroco que deixou a súa impronta en moitos lugares de Galicia, entre eles Tui.

Andrade é o mestre galego ao que a Real Academia Galega de Bellas Artes dedica o Día das Artes Galegas 2020, para a difusión da súa figura e traxectoria artística. Andrade é un dos primeiros grandes arquitectos naturais de Galicia en pleno Barroco, mestre dos máis importantes artistas do século XVIII e figura destacada da arquitectura española nos dous campos onde exerceu o seu oficio, a retablística e a construción. A exposición consta de 24 paneis onde se mostra, con imaxes fotográficas, planos e textos, a súa longa traxectoria de obras e proxectos por distintas localidades galegas como Santiago, Lugo, Ourense, A Coruña, Oseira, Sobrado, Tui…

Construcións relixiosas e civís, templos e vivendas, claustros e sacristías, retablos e tabernáculos, mesmo escribiu un tratado de arquitectura. Os historiadores da arte seguen aportando constantemente novos datos e novas sobre a súa vida e produción, actualizando a visión que se ten da mesma.

Destacan, entre as súas numerosas obras, na catedral de Santiago a Torre do Reloxo, o tabernáculo, a porta Real e a capela do Pilar. Reconstruíu tamén en Compostela as dependencias dos conventos e mosteiros de Santa Clara e Bonaval, e tamén en Sobrado dos Monxes. O seus retablos son numerosos, algúns xa desmontados e outros trasladados de templos. Modernizou a arquitectura civil de Santiago no século XVII, con edificios de vivendas de clara planificación urbana, como a ordenación da Quintana. “Andrade deseñaba e elaboraba cunha mestría e oficio dignos dun xenio” –sinalan os comisarios da mostra, Soraluce e Yzquierdo–.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.