spot_img
InicioBaixo MiñoUnha nova sinalización permite coñecer mellor nove elementos do patrimonio no rural...

Unha nova sinalización permite coñecer mellor nove elementos do patrimonio no rural tudense

Unha nova sinalización permite coñecer mellor nove elementos do patrimonio no rural tudenseCoa finalidade de promover a valorización destes bens por parte de visitantes e veciños, o Concello de Tui, ao abeiro dun convenio asinado con Turismo de Galicia no pasado mes de agosto, ten sinalado nove elementos patrimoniais localizados no ámbito rural do municipio.

O investimento realizado acada a cifra de 5.390,55 euros parte deste importe é financiado ao abeiro do reseñado convenio con Turismo de Galicia.

Estes son os elemntos sinalizados:

  • Igrexa de San Miguel de Pexegueiro
  • Ponte da Veiga
  • Ponte das Febres, en Ribadelouro
  • Capela da Virxe do Camiño, en Rebordáns
  • Monumento aos Mártires de Sobredo, en Guillarei
  • Muíños do Regueiro, en Paramos
  • Muíños do Tripes, en Randufe e Pazos de Reis
  • Balneario de Caldelas
  • Ponte Internacional

Para o responsable de Patrimonio, Turismo e Camiño de Santiago, o concelleiro Laureano Alonso, a instalación desta sinalización, que cumpre coas normas de sinaléctica turística de Galicia, patentiza o interese do goberno municipal pola promoción dos bens patrimoniais que atesoura Tui, no xa no ámbito do seu conxunto monumental, senón tamén as diversas parroquias que conforman o municipio tudense. A instalación desta sinalización permite identificar e recoñecer os principais valores destes bens patrimoniais.

Neste tempo de dificultades especialmente no que atinxe ao turismo a instalación desta sinalización, sinala o concelleiro Laureano Alonso, é un recordatorio a todos os veciños do rico patrimonio existente no ámbito rural tudense que xustifica un coñecemento dos mesmo especialmente neste intre de confinamento perimetral como unha alternativa de lecer respectando as recomendacións sanitarias.

- Publicidade -spot_img