spot_img
InicioO MorrazoMarínO Museo de Marín pecha o ano coa exposición do cadro restaurado...

O Museo de Marín pecha o ano coa exposición do cadro restaurado que Torres pintou durante a pandemia de 1918

O Museo de Marín pecha o ano coa exposición do cadro restaurado que Torres pintou durante a pandemia de 1918Marín está a prepararse para recibir o Nadal, unha época especial, familiar e que este ano terá que ser de pequenas celebracións, de intimidade e, sobre todo, de moita responsabilidade.

Algunhas actividades seguras que se poden levar a cabo a pesar das restricións son as que teñen que ver coa cultura. O seu Museo Manuel Torres é unha desas opcións.

E de cara ao Nadal a concelleira Itziar Álvarez anuncia que se está a preparar unha exposición temática do noso pintor máis afamado e que lle da nome ao Museo sobre as súas creacións asociadas co Nadal.

“A partir do 1 de decembro poderemos ver oito bocetos, algúns sobre papel branco e outros sobre papel de xornal, nos que Torres pintou motivos bíblicos relacionados co Nadal”, explica a concelleira.

Ademais, tamén se exporá un exemplar dun número especial do xornal El Pueblo, do ano 1943, que ten portada de Lugrís e no que Torres colaborou, desta vez usando as palabras, cun relato de Nadal.

O Ano Torres terá un peche de ouro

O Ano Torres aínda seguirá conmemorándose no 2021, dado que moitas das actividades previstas para este ano non se puideron levar a cabo debido á situación sanitaria.

Marín restaura un cadro pintado por Torres durante a pandemia de 1918

Así a todo, o propio 2020 terá un peche de ouro coa exposición ao público do cadro restaurado polo Concello, inédito até o momento, que Torres pintou durante a pandemia de 1918 e que supón unha reprodución da pintura “Los niños comiendo pasteles”, de Murillo.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.