spot_img
InicioVal MiñorBaionaCampaña solidaria de recollida virtual de alimentos para a ONG baionesa “Axuda...

Campaña solidaria de recollida virtual de alimentos para a ONG baionesa “Axuda ao Mundo Necesitado”

Campaña solidaria de recollida virtual de alimentos para a ONG baionesa “Axuda ao Mundo Necesitado”O Concello de Baiona organiza por primeira vez unha campaña solidaria de recollida virtual de alimentos en colaboración cos supermercados con establecementos no municipio. Os fondos de toda a recadación da campaña irán destinados integramente á compra de alimentos por parte da ONG de Baiona “Axuda ao Mundo Necesitado”.

Debido ás situación provocada pola COVID-19 e ante a imposibilidade de realizar a campaña en supermercados da forma habitual, a recollida vai desenvolver nun novo formato de doazón máis seguro para os doantes. Ao non poderse recoller comida de maneira física nos supermercados adheridos á campaña, todas as doazóns serán económicas ao pasar por caixa, ao longo do próximos quince días do mes de decembro, do 1 ao 15. Deixaranse nun fondo a nome da ONG en cada un dos establecementos para que a entidade adquira os produtos alimenticios necesarios para a súa repartición entre as familias menos favorecidas do municipio.

O alcalde de Baiona, Carlos Gómez Prado, se reunión cos responsables de zona das tres grandes superficies con establecementos en Baiona, Froiz, Erosky e Carrefour, para facerlles chegar a proposta desta campaña pioneira no municipio, mostraron a súa total colaboración e non dubidaron en apoiar a iniciativa.

Na presentación da campaña que ten por título “Este nadal, merca con corazón, a túa solidaridade, ou mellor agasallo”, Gómez dixo que “todos temos algo que achegar a ela, desde a administración facendo este tipo de iniciativas e achegando o noso granito de area cunha achega e aí, estou seguro da solidariedade dos baioneses e baionesas, que non me cabe dúbida será abafadora. Está máis que demostrado que somos unha vila solidaria”.

O rexedor quixo destacar o gran labor que se fai desde a ONG de Baiona “Axuda ao Mundo Necesitado” así como o papel fundamental da súa presidenta Juana Alonso: “Na actualidade e coa nova crise derivada da pandemia do COVID-19, a presidenta e os seus grupo de voluntarios viron aumentar notablemente o número de familias que demandan a súa axuda. Un importante número de familias reciben comida desta entidade sen ánimo de lucro, que non traballa con diñeiro senón con alimentos, roupa e xoguetes. Desde o Concello ideamos esta campaña co fin de axudarlles a encher os andeis de alimentos para esas familias menos favorecidas”.

Pola súa banda a presidenta Juana Alonso mostrouse moi entusiasmada coa campaña e agradeceu ao Concello de Baiona a súa posta en marcha neste momento tan necesario. Alonso tamén a animado aos veciños e veciñas a participar agradecendo de antemán a súa participación. Gómez lembrou que “desde o Concello seguimos remando cos veciños e veciñas menos desfavorecidos porque xuntos, sumamos. De aí, que no orzamento para o ano 2021 aumentouse a partida en emerxencia social nun 110%. Unha partida que se destinarán a veciños e veciñas con dificultades e sobre a que non se descarta unha ampliación do montante en función das circunstancias”.

O Alcalde de Baiona pediu solidariedade a todos os veciños e veciñas da localidade para que participen nesta campaña. Tamén expresou que esta recollida “é máis necesaria que nunca debido á grave crise sanitaria na que nos atopamos, que está a azoutar a moitas familias na nosa localidade e que fixo que o Concello estea a incrementar os recursos destinados ás persoas máis vulnerables“. Gómez mostrou o agradecemento e recoñecemento por parte do Concello de Baiona a todas as persoas implicadas na campaña, e a todas as que participarán na “polo seu papel crucial para paliar o máximo posible as necesidades alimentarias de moitos dos nosos concidadáns e concidadás en circunstancias tan adversas como nas que nos atopamos actualmente pola COVID-19”.

Tamén quixo mostrar o seu agradecemento ás persoas implicadas noutras campañas de recollida de alimentos tradicionais anteriores e que mostraron o seu apoio á campaña pioneira presentada esta mañá. Agradecementos dirixidos á Concellería de Deportes, ACEBA e Mercado Praza de Abastos de Baiona, á directora da oficina de CaixaBank de Baiona, Yolanda Pérez, pola súa implicación e colaboración desde a súa chegada ao cargo, á os clubs deportivos e ás escolas deportivas da vila, á Concellería de Comercio e por suposto, aos supermercados.

- Publicidade -spot_img