spot_img
InicioVal MiñorBaionaUnha marea rosa contra o cancro de mama inundará Baiona

Unha marea rosa contra o cancro de mama inundará Baiona

Unha marea rosa contra o cancro de mama inundará Baiona O Concello de Baiona, a través da Concellería de Deportes,  promove a primeira edición da andaina solidaria polo cancro de mama ideada polo Baíña Fútbol sala

Revista COUSAS DE Nº15

O Concello de Baiona, a través da Concellería de Deportes,  e o Baíña F.S. en colaboración organizaron para mañá, 15 de outubro, unha Andaina Solidaria contra o Cancro de Mama.

O municipio tinguirase de rosa cun roteiro ao redor do paseo de Monte Boi, un percorrido paralelo á Fortaleza de Montereal, sendo o punto de encontro o Paseo Ribeira.

As persoas interesadas en sumarse soamente terán que presentarse neste lugar indicado. A partir das 16:00h haberá unha charla sobre hábitos e exercicios saudables con Manu Costas e tamén se contará coa presenza de Esther López de Radio Voz “As noites de Esther”. Tras a exposición darase inicio á andaina.

Tanto o Concello como o Baíña F.S. con esta iniciativa pretende concienciar á sociedade sobre a importancia da investigación e a detección precoz desta enfermidade.

Así mesmo, as voluntarias da Asociación Española contra o Cancro do Val Miñor instalarán pola tarde unha mesa informativa en Paseo Ribeira. Esta actividade forma parte das iniciativas organizadas con motivo do Día mundial contra o cancro de mama, que se celebra o próximo día 19 de outubro.

Na mesa informativa recolleranse  donativos para a loita contra o cancro.  Ademais, poñeranse á venda algúns dos artigos de merchandasing da AECC. Tamén se informará á cidadanía sobre o labor desta asociación tanto o apoio aos enfermos e aos seus familiares, como os proxectos de investigación. Doutra banda, incidirase na importancia da prevención e manter unha vida sa.

Desde a Concellería de Deportes do Concello de Baiona promoveron esta actividade entre o resto de clubs e asociacións deportivas co fin de concienciar e apoiar esta causa  implicando desde os máis pequenos ata os maiores desde o deporte basee ata o absoluto.

O Concello de Baiona quere mostrar o seu agradecemento ao Baíña F.S. por propoñer esta bonita iniciativa á que non ha dubido sumarse  e apoiar a administración local.

- Publicidade -spot_img