spot_img
InicioBaixo MiñoA GuardaUnha "casa indiana" do século XIX é a nova sede do Concello...

Unha “casa indiana” do século XIX é a nova sede do Concello da Guarda

Unha "casa indiana" do século XIX é a nova sede do Concello da Guarda

A Guarda celebrou onte o acto inaugural da nova sede da Casa do Concello na “Casa dos Alonsos”, lugar no que se atopan as dependencias municipais dende finais de 2018.

O acto contou coa asistencia da Subdelegada do Goberno, Maica Larriba García; da Directora Xeral de Administración Local, Marta Fernández-Tapias Núñez; da Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva Rego; do Alcalde da Guarda, Antonio Lomba Baz e da corporación local.

No evento celebrado na Praza do Reló, tamén estiveron presentes, entre outras personalidades, alcaldes e alcaldesas da Comarca do Baixo Miño, así coma unha representación de ex-alcaldes, ex-concelleiros, empregados municipais, representantes de partidos políticos, asociacións e institucións públicas e privadas ligadas á vida municipal da Guarda e numeroso público.

Co Canto á Guarda, por algúns dos compoñentes do Coro Cantábile, e o descubrimento da placa deu comezo o acto de inauguración

Carmela Silva Lago lembrou a súa vinculación coa Guarda, sendo habitual a súa presenza nesta vila, por amistades que tiña e destacando a importancia da vila nas orixes de Galicia, cos pobos antigos chegados ao monte Santa Trega.

Antonio Lomba, Alcalde da Guarda, quixo expresar que “hoxe é un día dos grandes para o noso querido pobo da Guarda”, destacando na súa intervención que “hai 182 anos edificábase o edificio do antigo concello, tendo hoxe estas novas dependencias, unha sede municipal moderna, concibida para facilitar o labor dos traballadores e para dar uns servizos de calidade á cidadanía acordes cos tempos que vivimos”.

Durante o transcurso do acto descubriuse unha placa conmemorativa, realizouse o corte simbólico da cinta na porta de acceso ao edificio e proxectáronse varios vídeos sobre turismo, historia e vida institucional da Guarda. Tamén houbo unha pequena exposición sobre fondos artísticos e publicacións municipais. Do mesmo xeito editouse tamén un folleto que resume a longa historia da “Casa dos Alonsos”

Casa dos Alonsos

A Casa do Concello tivo ao longo da súa historia varios propietarios, pasando a ser propiedade municipal dende o ano 2001. Comezando as obras de rehabilitación no ano 2009 e rematando as mesmas o pasado verán de 2018. O edifico orixinal era unha «Casa Indiana» de arquitectura señorial urbana cunha elegante fachada de pedra nobre que foi conservada e restaurada. Fotos da inauguración nova Casa Concello da Guarda


- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.