spot_img
InicioPontevedra e ÁreaPorto do Molle é centro piloto no programa europeo de...

Porto do Molle é centro piloto no programa europeo de reutilización de augas domésticas como fertilizantes agrícolas

Porto do Molle é centro piloto no programa europeo de reutilización de augas domésticas como fertilizantes agrícolas

A reutilización das augas domésticas para o seu uso como fertilizantes agrícolas así como a mellora na depuración de augas residuais en pequenos núcleos de poboación foi o tema que centrou a xornada celebrada no Centro de Negocios de Porto do Molle e que clausuraron o delegado, David Regades, e o alcalde de Nigrán, Juan. A González, no marco do proxecto europeo “ Run4 life: recuperación e utilización de nutrientes para fertilizantes de baixo impacto”.

A Zona Franca está a colaborar activamente con este proxecto que propón un cambio radical para recuperar de maneira eficiente os nutrientes das augas residuais dentro dun enfoque de economía circular. Durante a xornada de hoxe presentáronse os principais resultados científicos obtidos no proxecto a cargo das empresas e universidades colaboradoras no ConectaPeme MEDRAR.

Run4 life parte da reflexión de que a subministración mundial de alimentos depende por completo do uso de fertilizantes que actualmente se basean en prácticas de produción de fertilizantes non sustentables basicamente provenientes da roca de fosfato e en que, paralelamente, temos que depurar augas residuais de orixe doméstica portadoras de recursos – especialmente auga e nutrientes- que apenas se recuperan nos actuais sistemas centralizados de xestión de augas residuais.

Financiado con fondos do Programa Marco de Investigación e Innovación Horizonte 2020 da Unión Europea, este proxecto situou plantas piloto en Gante (Bélxica), Sneek (Países Baixos), Helsingborg (Suecia) e en España, coa colaboración de Aqualia e Zona Franca, na área de Vigo, máis en concreto no Centro de Negocios do parque empresarial de Porto do Molle.

Nestas plantas, en colaboración cos produtores de fertilizantes, caracterizaranse os produtos resultantes e exploraranse as posibilidades para o seu uso en agricultura e outras aplicacións, grazas á participación no consorcio de posibles usuarios finais e ao desenvolvemento dun novo modelo de negocio baseado nun esquema financeiro cooperativo.


Run4 Life demostrarase a gran escala nas 4 localizacións de Bélxica, España, Países Baixos e Suecia, adaptando o concepto a diferentes escenarios (mercado, sociedade, lexislación…). A información obtida nas 4 localizacións usarase para a simulación de procesos para concibir un modelo Run4 Life unificado que se aplicará nun quinto sitio de demostración para o que se está estudando a posibilidade de que sexa no Polígono de Balaidos. Estes resultados abrirán novas oportunidades comerciais e proporcionarán datos para a elaboración de políticas de materias primas fundamentais.

PROXECTO RUN4LIFE: Recuperación e utilización de nutrientes para fertilizantes de baixo impacto (recuperación de augas negras)

Axuda: Financiado con fondos do Programa Marco de Investigación e Innovación Horizonte 2020 da Unión Europea.

Ubicación plantas piloto: Gante (Bélgica), Vigo (España), Sneek (Países Bajos) y Helsingborg (Suecia)

Organizaciones participantes:

– FCC Aqualia (Coordinador, España) – DESAH (Países Bajos) – SLU, Sveriges Lantbruksuniversitet (Suecia) – LEAF (Países Bajos) – NSVA, Nordvastra Skanes Vatten Och Avlopp (Suecia) – LEITAT (España) – NSVA, Nordvastra Skanes Vatten Och Avlopp (Suecia)  – JETS, ECOMOTIVE (Noruega) – USC, Universidad de Santiago de Compostela (España)            – Isle Utilities (Reino Unido) – ZFV, Consorcio de la Zona Franca de Vigo (España) – Wageningen University (Países Bajos) – CEIP, Clean Energy Innovative Projects (Bélgica) – ASB Grünland Helmut Aurenz (Alemania) – Forfarmers Corporate Services (Países Bajos) – WE&B, Water Environment & Business Development (España)

Duración: Del 1 de junio de 2017 al 31 de mayo de 2021

Presuposto Total: 7.720.900,61 €

Aqualia (para a/s planta/s de Vigo): 1.219.827,24 €

Consorcio da Zona Franca de Vigo: 207.250,00 €

- Publicidade -spot_img