Inicio Pontevedra Baixo Miño Tui recoñeceu na VII Gala do Deporte Tudense aos seus deportistas, clubs...

Tui recoñeceu na VII Gala do Deporte Tudense aos seus deportistas, clubs e entidades

Roi Rodríguez Huertas Club Kayak Tudense-Axuda Paramos e Jesús González Álvarez do Remo do Miño e Tania Fernández do Club Kayak Tudense-Axuda Paramos foron galardoados co premio Deporte Tudense Deportistas nas categorías masculina e feminina na VII Gala do Deporte Tudense celebrada no Teatro Municipal de Tui.  Un evento no que quedou plasmado o alto nivel que ten o deporte, os deportistas e clubs na cidade.

O evento recoñeceu os logros na pasada temporada e as traxectorias deportivas de deportistas, clubs, adestradores, entidades… amais de realizar unha serie recoñecementos especiais a persoas que ao longo da súa vida tiveron unha vinculación singular co deporte ou un papel fundamental nalgunha das disciplinas deportivas que se practican na cidade.

Esteban Alonso Núñez adestrador do Club Kayak Tudense Axuda Paramos foi galardoado co premio Deporte Tudense nesta categoría, mentres que o  Club de Patinaxe Artístico Ribex de Tui levou o premio na categoría de Club.

Os padeeiros Patricia Domínguez Arístegui do Club Kaiak Tudense Axuda Paramos e Pedro Areal Abreu do Club Piragüismo Pamplona recibiron o Premio Deporte Tudense Veterano feminino e masculino, respectivamente. Mentres na categoría sub 23 os premios foron para Pedro Vázquez Llenín  do Club Kayak Tudense Axuda Paramos e José Leiras Estévez do BM Cisne e para Ainhoa Lameiro Rodríguez do Club Piragüismo Penedo Te Importa e  Lara Feijoo Pérez  Club Kayak Tudense Axuda Paramos. Tamén recibiron o galardon de Premio Deporte Tudense Promesa Masculina  Iago Valera Múñoz e Borja González Martínez do Club Piragüismo Penedo Te Importa e Joana dos Santos Alves do Club Kayak Tudense Axuda Paramos e Carlota González Gil do Club Remo do Miño.

Amais Luís Antonio Sández García do San Xerome recibiu o premio Premio Deporte Tudense Deporte Adaptado e o Club Bádminton Tui o de Promoción do Deporte Base. Foron tamén galardoados a Cámara Municipal de Valença cunha Mención Especial polo seu apoio ao deporte na Eurocidade, e Sertuy coma Firma Comercial polo seu patrocinio a varios clubs nos últimos anos.

No transcurso da Gala as fillas de Jesús Solleiro Arjona, María José e María del Carmen, recibiron unha Mención honorífica en recoñecemento ao papel dos seu pai – falecido hai un ano – no baloncesto na cidade.

As xogadoras de balonmán que comezaron nas escolas deportivas en Tui Gemma e Nuria Martínez Fortuny recibiron un recoñecemento especial, ao igual que houbo un recoñecemento honorífico para Manuel Pons Gómez e José Antonio Rodríguez Chamorro coma impulsores do balonmán na cidade, para Francisco Javier Rodríguez Adelino polo seu papel no fútbol local, especialmente no TYDE FC, e para Manuel Piña Silva e José Luís Méndez García coma promotores do remo en Tui nos seus inicios.

Amais Nuria Kodiz Domínguez Asensio recibiu un recoñecemento coma mellor remeira da historia. Foron entregadas amais medallas aos 27 deportistas de Tui ou de clubs tudenses participantes en campionatos do Mundo, Europa, e que competiron coa selección española na pasada temporada.

Relación de Premiados

  • Premio Deporte Tudense Deportista masculino  à Roi Rodríguez Huertas Club Kaiak Tudense Axuda Paramos e Jesús González Álvarez
  • Premio Deporte Tudense Deportista feminina à Tania Fernández García do Club Kayak Tudense Axuda Paramos
  • Premio Deporte Tudense adestrador à Esteban Alonso Núñez, Club Kayak Tudense Axuda Paramos
  • Premio Deporte Tudense Club à Club Patinaxe Artístico Ribex de Tui
  • Premio Deporte Tudense Veterana Feminina à Patricia Domínguez Arístegui do Club Kayak Tudense Axuda Paramos
  • Premio Deporte Tudense Veterano Masculino à Pedro Areal Abreu do Club Piragüismo Pamplona
  • Premio Deporte Tudense categoría sub 23  masculinaà Pedro Vázquez Llenín  do Club Kayak Tudense Axuda Paramos e José Leiras Estévez do BM Cisne
  • Premio Deporte Tudense categoría sub 23  femininaà Ainhoa Lameiro Rodríguez do Club Piragüismo Penedo Te Importa e  Lara Feijoo Pérez  Club Kayak Tudense Axuda Paramos
  • Premio Deporte Tudense Promesa Masculinaà  Iago Valera Múñoz e Borja González Martínez do Club Piragüismo Penedo Te Importa
  • Premio Deporte Tudense Promesa Femininaà Joana dos Santos Alves  do Club Kayak Tudense Axuda Paramos e Carlota González Gil do Club Remo do Miño
  • Premio Deporte Tudense Deporte Adaptado à  Luís Antonio Sández García do San Xerome
  • Premio Deporte Tudense Club Promoción Deporte Base à Club Bádminton Tui
  • Premio Deporte Tudense mención especialà Cámara Municipal de Valença
  • Premio Deporte Tudense Firma Comercialà Sertuy

Recoñecementos

  • Mención honorífica: Jesús Solleiro Arjona
  • Recoñecemento especial: ás xogadores de balonmán  Gemma e Nuria Martínez Fortuny
  • Recoñecemento honorífico: Manuel Pons Gómez, José Antonio Rodríguez Chamorro, Francisco Javier Rodríguez Adelino, Manuel Piña Silva, e José Luís Méndez García
  • Recoñecemento mellor remeira da historia Nuria Kodiz Domínguez Asensio
  • Recoñecemento aos 27 deportistas participantes en campionatos do Mundo, Europa, e que competiron coa selección española
- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

32FansGóstame
260SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies