Inicio Val Miñor Nigrán Unha andaina polo futuro parque forestal 'Os Matos-Río Táboas' abre a programación...

Unha andaina polo futuro parque forestal ‘Os Matos-Río Táboas’ abre a programación de Nigrán no mes de maio

O sábado 4 terá lugar outra andaina por Chandebrito con concerto de Gli Appasionati e o domingo actúa Carlos Blanco no Auditorio Municipal

O Concello de Nigrán abre a programación cultural do mes de Maio cunha andaina este mércores 1 polo futuro parque forestal Os Matos-Río Táboas (entre Camos e Chandebrito). Guiada polo educador ambiental Antón Lois, o roteiro comezará ás 18:00 horas saíndo dende o Cemiterio de Camos (rúa do Sobral) e constará dunha tradicional muiñada. Trátase dunha andaina de pouca dificultade cuxa duración non sobrepasará as dúas horas, sendo recomendable levar calzado axeitado e auga.

A programación cultural do Concello continuará o venres co concerto de A Banda da Loba ás 20:00 no Auditorio Municipal e ao día seguinte, sábado 4, con andaina e visita guiada por Chandebrito (19:00 horas dende o campo de fútbol) e posterior concerto do coro Gli Appasionati no Bosque da Memoria (21:00 horas). O domingo o Concello ofrece a actuación do monologuista Carlos Blanco no Auditorio Municipal ás 20:00, o evento servirá para recadar cartos para Baisenpulgas a través dun donativo de 5 euros por asistent

O resto do mes o Concello ofrece o teatro infantil ‘O misterioso caso de Antón Fraguas’ na Praza do Concello ás 17:00 horas ou o concerto da Coral Novos Aires e Cantares do Brion o venres 17 no Auditorio Municipal ás 20:00 horas (ese mesmo día celebrarase pola mañá a XXX Festa da Bicicleta). Ademais, o domingo 12 o Concello colabora co concerto solidario Juan María no Pazo de Cea e co Rally Rías Baixas o 18 de abril.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

695FansGóstame
291SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies