Inicio Val Miñor Gondomar Concerto do Boquiño de Aperta na 'II Noite no Conser' de Gondomar

Concerto do Boquiño de Aperta na ‘II Noite no Conser’ de Gondomar

Concerto do Boquiño de Aperta na 'II Noite no Conser' de GondomarConcerto do Boquiño de Aperta na ‘II Noite no Conser’ de Gondomar

O Conservatorio Elemental de Música de Gondomar celebra a partir desta tarde a segunda ‘Noite no Conser’, unha actividade relacionada por enteiro coa música, na que os alumnos quedarán a durmir no centro.

As actividades comenzarán ás 19:30h co concerto da agrupación Bloquiño de Aperta, que animarán a xornada cunha presentación no exterior do Auditorio Lois Tobío de Gondomar.

Pola noite ás 22:00h os alumnos do conservatorio divertiranse cun xogo de escapismo “A maldición da partitura de Mozart”, organizado polos profesores do centro, no que deberán descubrir unha partitura secreta de Mozart que interpretou nun concerto no Pazo do Conde de Gondomar.

No día seguinte, desfrutarán dunha sesión de Ioga, a cargo da profesora Patricia Moreira de Namaste, e rematarán a xornada coa pintada dun mural creado pola artista Irene Silva Xiráldez, para a fachada principal do Auditorio Lois Tobío, no que contarán coa súa orientación.

Todas as actividades son organizadas pola Concellería de Cultura, dirixidas por Nuria Lameiro, e cofinanciado pola Deputación de Pontevedra.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

39FansGóstame
272SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies