Inicio Reportaxes UNESCO e a Comisión Europea únense para promover rutas culturais para o...

UNESCO e a Comisión Europea únense para promover rutas culturais para o desenvolvemento sustentable

unesco-e-a-comision-europea-unense-para-promover-rutas-culturais-para-o-desenvolvemento-sustentableA UNESCO e a Comisión Europea inician un proxecto para desenvolver rutas culturais nalgúns itinerarios europeos que se beneficiarán do atractivo turístico dos sitios do patrimonio mundial para promover outros activos culturais, como museos e festivais.

O proxecto, financiado pola Dirección Xeral de Mercado Interior, Industria, Emprendemento e Pequenas e Medianas Empresas da Comisión, entrou na súa fase preparatoria o 1 de febreiro, cun orzamento provisional de 1,5 millóns de euros.

As primeiras Rutas do Patrimonio Europeo estarán deseñadas e dispoñibles para viaxeiros a finais de 2017. O proxecto prevé que os visitantes de sitios do patrimonio mundial da UNESCO poidan usar plataformas e aplicacións móbiles sinxelas para obter mapas e información sobre os sitios culturais e, alí onde se practiquen, visitar tamén manifestacións do patrimonio cultural inmaterial.

“O proxecto ‘Rutas do Patrimonio Europeo’ é unha demostración concreta e necesaria da forza do patrimonio cultural como fonte de desenvolvemento económico sustentable para as comunidades e rexións”, declarou a Directora Xeral da UNESCO, Irina Bokova. “Confío en que este proxecto europeo dará ás comunidades, aos conservacionistas e aos líderes políticos de moitas partes do mundo un modelo que inspire estratexias de desenvolvemento que se apoien no valor universal excepcional dos sitios do patrimonio mundial”.

Elżbieta Bieńkowska, Comisaria europea de Mercado Interior, Industria, Emprendemento e Pequenas e Medianas Empresas dixo: “Dou a benvida a este proxecto, posto que o turismo é realmente unha gran oportunidade para os sitios do patrimonio mundial da UNESCO. Dá vida nova a lugares e cidades históricos, axuda ás persoas para entender o pasado dos outros e achega crecemento e oportunidades laborais novas, algo de vital importancia hoxe”.

“Compráceme que o proxecto que propuxen para promover itinerarios, produtos e proxectos en tornos aos sitios da UNESCO estea a piques de facerse realidade”, afirmou a deputada europea Silvia Costa, presidenta da Comisión de Cultura e Comunicación. “O proxecto encaixa perfectamente no compromiso da Unión Europea de axudar a institucións e outros grupos relacionados coa cultura para crear sinerxias e fortalecer a cooperación para impulsar cambios”, engadiu.

No proxecto participarán autoridades locais, xestores de sitios do patrimonio, institucións culturais tales como museos e galerías, entidades activas no ámbito do patrimonio inmaterial e operadores do turismo. As súas páxinas web e aplicacións tratarán de promover as rutas culturais europeas entre o público, particularmente en China, América do Norte e Europa.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

680FansGóstame
290SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies