Inicio Pontevedra Acordo “histórico” para poñer en marcha a Área Metropolitana de Vigo

Acordo “histórico” para poñer en marcha a Área Metropolitana de Vigo

acordo-historico-para-poner-en-marcha-a-area-metropolitana-de-vigo

A Xunta de Galicia e os 14 concellos que forman parte da área metropolitana de Vigo acadaron esta tarde un acordo para a reforma da Lei da área metropolitana e a súa inmediata posta en marcha, que inclúe un consenso sobre o transporte metropolitano, a cuestión medular que aínda era un obstáculo e que centrou as tres últimas reunións ao respecto.

comillasAlfonso Rueda destaca que é “un día histórico” e considera que é un bo acordo para todas as partes

“É un día histórico, non ten volta atrás”, destacou o vicepresidente do Goberno galego, que fixo fincapé en que é un acordo que beneficia a todos e que explicou que o acordo foi ratificado por escrito ao termo da propia reunión polos 14 representantes dos concellos que integran a área metropolitana.

comillasA aprobación da nova lei queda condicionada a que o Concello de Vigo se incorpore ao Plan de transporte metropolitano de Galicia

Dito acordo establece que, unha vez presentado o texto que recolle a modificación da lei actual iniciarase a súa tramitación, condicionada a aprobación por parte dos plenos municipais e a que o Concello de Vigo se incorpore ao Plan de Transporte Metropolitano de Galicia, “sen que esta incorporación signifique ningún incremento na achega prevista nel, para a Xunta de Galicia ou para os outros concellos, nin limitación algunha ao número de persoas usuarias”.

comillasHaberá un comité de coordinación no que estará a Xunta e que fará propostas que logo aprobarán os órganos de goberno da área metropolitana

Ademais, haberá un comité de coordinación técnico no que estará representada a Xunta, e será a Xunta de Goberno Metropolitana quen posteriormente aprobe as propostas deste comité, ou mesmo a Asemblea Metropolitana no caso de propostas de maior calado, como o caso dun novo plan de transporte metropolitano.

Calendario
Rueda explicou que agora a Xunta se encargará de redactar o texto definitivo e a próxima semana enviarallo aos concellos para a súa ratificación en pleno. Posteriormente a Xunta comezará a súa tramitación para aprobalo en Consello da Xunta, condicionado a que o Concello de Vigo entre no Plan de transporte metropolitano. Posteriormente, xa coa área en funcionamento, serán os propios concellos os que elaboren un novo Plan metropolitano de transporte.

Os concellos tamén acordaron hoxe a cuestión da gobernanza e a presenza da Deputación, outros dos asuntos que aínda estaban sen pechar. Finalmente, consultado polos prazos desta tramitación, o vicepresidente e conselleiro de Presidencia avanzou que o obxectivo é ter o proxecto de lei aprobado en maio polo Consello da Xunta para a súa remisión ao Parlamento galego.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

680FansGóstame
290SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies