Inicio Pontevedra Inauguración en Pontevedra da VII exposición Arte e Solidariedade Proxecto Home

Inauguración en Pontevedra da VII exposición Arte e Solidariedade Proxecto Home

inauguracion-en-pontevedra-da-vii-exposicion-arte-e-solidariedade-proxecto-home

A exposición, organizada con motivo do 25 aniversario do Proxecto Home Galicia e comisariada por Antón Sobral, estará en Pontevedra do 18 de febreiro ao 6 de marzo, rematando así a programación itinerante desenvolvida nos últimos meses nas sete cidades máis grandes de Galicia. Pintura, escultura, fotografía e vídeo compoñen esta mostra que pon de relevo o valioso compromiso social e a solidariedade de preto de 300 artistas que colaboran nela, donando total o parcialmente as súas obras.

A exposición pretende, por unha banda, amosar o respaldo que os artistas plásticos dan aos proxectos que, coma este, traballan para dar resposta a problemas sociais, como a drogodependencia, aínda sen resolver, e por outra, acadar fondos que contribúan á tarefa que desenvolve Proxecto Home Galicia.

Aínda que non se parte dun proxecto unitario de exposición desde o punto de vista artístico, si que o é polo feito de ter como soporte o sentimento solidario dos artistas que nela participan, pola atención que a Organización pon na calidade das obras doadas, co fin de estar á altura das pasadas edicións. Ademais, búscase potenciar a representatividade dos artistas nas diversas localidades onde a exposición estivo presente: Santiago de Compostela, A Coruña, Ferrol, Vigo, Lugo, Ourense e agora en Pontevedra, lugar onde dará peche esta VII exposición Arte e Solidariedade Proxecto Home .
 Pola súa banda, o centro do Proxecto Home en Pontevedra ten atendido desde a súa inauguración en 2003 a un total de 1.769 persoas. Como consecuencia do peche dos programas residenciais en 2011, a capacidade de atención neste centro reducíuse preto dun 50%. Actualmente a Deputación de Pontevedra contribúe á financiación deste centro e o de Vigo cun convenio de colaboración de 22.000 €.
Os servizos que se desenvolven  actualmente en Pontevedra son os de avaliación, diagnose e derivación de persoas drogodependientes e de información e asesoramento a persoas drogodependientes e ás súas familias; así como os programas  “Trebol” de Tratamento a penados por violencia de xénero, de terapia familiar, de integración sociolaboral, de prevención e de sensibilización social e empresarial.
- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

680FansGóstame
289SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies