Inicio Pontevedra Baixo Miño Un verán de fortalezas e petroglifos en Tomiño

Un verán de fortalezas e petroglifos en Tomiño

tomino-acondiciona-dous-pantalans-nas-parroquias-de-goian-e-sobrada-torron

O Concello pon en valor o seu patrimonio arqueolóxico e arquitectónico cun programa de actividades de balde para toda a familia  

O vindeiro mércores 20 de xullo comezan as actividades do programa “Tomiño Único”, unha programación que durante todos os mércores do mes de xullo e agosto achegará aos participantes o patrimonio arqueolóxico e arquitectónico de Tomiño. 

Os petroglifos e as fortalezas centrarán este programa que está dirixido a toda a familia, e que a través de roteiros e travesías en kayak permitirá ás persoas participantes descubrir os vestixios dun Tomiño doutra época e pasar un bo rato en boa compañía, aprendendo sobre o patrimonio arqueolóxico e arquitectónico tomiñés.

O Monte Tetón, un dos escenarios elexidos para o programa, situado na parroquia tomiñesa de Tebra, alberga un dos conxuntos de arte rupestre máis importantes de Europa. Os petroglifos de Portaxes e Real Seco ofrecen á persoa visitante un repertorio iconográfico de representacións circulares con grabados de 4000 anos de antigüidade e os máis grandes de Europa atopados até o momento. 

As fortalezas ribeireñas serán protagonistas tamén neste programa, onde os participantes poderán descubrir os fortes de Tomiño e a súa historia. O Espazo Fortaleza, que comprende a contorna e a antiga Fortaleza de San Lourenzo na parroquia de Goián será un dos enclaves do programa.

Os roteiros son de balde e terán unha duración de 3 horas. Están dirixidos a todolos públicos e non é necesario inscribirse, basta con achegarse ao punto de encontro. Recoméndase levar calzado cómodo, roupa de abrigo e bebida.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

692FansGóstame
308SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies