Inicio Pontevedra Baixo Miño Tui celebra o Ano Castelao cun espectáculo sobre a figura do ilustre...

Tui celebra o Ano Castelao cun espectáculo sobre a figura do ilustre autor

Limiar Teatro - A lingua na boca 2 (Copiar)

Limiar Teatro representará “A lingua na boca. Letras, riscos e pensamentos de Castelao” este xoves, 21 de xullo, na Praza de San Fernando.

Este xoves, 21 de xullo, a partir das 21:30 horas, a Praza de San Fernando acollerá a representación “A Lingua na boca. Letras, riscos e pensamentos de Castealo”, da man de Limiar Teatro, que nun espectáculo cómico, poético e musical pretende achegarnos a vida e obra do polifacético Alfonso Daniel Rodríguez Castelao.

“A Lingua na boca” é un espectáculo multidisciplinar que integra música en directo, teatro, manipulación de obxectos e narración oral para xogar coa lingua. Un espectáculo sobre o home, sobre o debuxante, sobre o médico, sobre o político, sobre o escritor. Sobre Galicia e a súa lingua a través dunha achega contemporánea á obra de Castelao. Dicía Castelao: “Se aínda somos galegos é por obra e graza da lingua”. A lingua como xeito de entender e coñecer o mundo, a lingua como elemento de unión nun relato cultural compartido.

Durante o espectáculo, totalmente de balde, interpretaranse temas e melodías tradicionais galegos actualizados xogando coas posibilidades creativas que achega unha loop station e interpretados con guitarra, contrabaixo, melódica, zanfona e percusión.

A obra, que se enmarca dentro da celebración do Ano Castealo promovido pola Deputación de Pontevedra, correrá a cargo da compañía galega Limiar Teatro, creada en 2009 á cabalo entre Vigo e Viana do Castelo. Dende entón, as súas máis de 300 representacións en España, Francia, Portugal e Brasil caracterízanse pola integración de diferentes disciplinas artísticas (teatro, danza, música, teatro de obxectos, cociña ou artes plásticas).

Ficha técnica:

Dramaturxia, dirección e espazo escénico: Fran Núñez; Axudantía de dirección: Nuria Gullón e Jose Carlos Illanes; Axudantía dramatúrxica: Manuel Polo; Espazo sonoro, composición musical e arranxos: Brais Iriarte; Axudantía espazo sonoro: Coco Castro; Axudantía composición musical: Hugo Rodríguez Castro; Intérpretes: Brais Iriarte e Fran Núñez.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

692FansGóstame
308SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies