Inicio Pontevedra Baixo Miño Aprobado convenio de colaboración entre Deputación e A Guarda para a recuperación...

Aprobado convenio de colaboración entre Deputación e A Guarda para a recuperación e posta en valor do monte Santa Trega

presentacion-en-a-guarda-de-os-traballos-que-esta-a-desenvolver-a-deputacion-de-pontevedra-nos-18-xacementos-arqueoloxicos-na-provincia

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar o convenio de colaboración entre a institución provincial, o concello da Guarda, o Padroado Municipal Monte Santa Trega e a Comunidade Veciñal de Montes en Man Común de Camposancos para o desenvolvemento do protocolo xeral que servirá para a posta en valor e recuperación dos xacementos galaico-romanos da provincia de Pontevedra, entre os que se atopa o xacemento arqueolóxico de Santa Trega, declarado Monumento Histórico Artístico Nacional no ano 1931. A Deputación achega, ao abeiro deste convenio, a cantidade de 683.379,60 €.

A sinatura deste convenio prodúcese por razóns de interese público, posto que a Deputación está a impulsar a recuperación do xacemento que é un ben científico, turístico e socioeconómico. Faino, entre outras actuacións, mediante unha estratexia de promoción turística provincial ou a limpeza e escavación puntual das estruturas exhumadas a principios do século XX, e atendendo ao interese social e económico de prestación dun servizo público. A este respecto, a Deputación comprométese ao financiamento, execución, dirección e coordinación de todas as actuacións especificadas no proxecto de intervención arqueolóxica para a recuperación patrimonial do xacemento de Santa Trega do concello da Guarda.

comillasNas escavacións realizadas no xacemento de Santa Trega, Monumento Histórico Artístico Nacional dende 1931, atopáronse 40.000 pezas e 11 complexos familiares

Os traballos de escavación no Castro de Santa Trega aos que fai referencia este convenio de colaboración, que remataron no pasado mes de maio, deron como resultado o achado de máis de 40.000 pezas e 43 estruturas arquitectónicas que compoñen 11 unidades familiares. Os traballos, que se realizaron nunha área de 2.642 metros cadrados, permitiron amosar que o período de ocupación do castro que se tiña por certo ata entón non era real. O arqueólogo da Deputación de Pontevedra, Rafael Rodríguez, sinalou que, mentres que se pensaba que o período abranguía entre os séculos I a.C. e I d.C., “as probas de Carbono 14 realizadas veñen a confirmar que a ocupación se iniciou antes do século IV a.C., e mesmo atopamos vestixios que indican que puido ter lugar xa no século VIII a.C.”.

comillasFoi no século II a.C. cando se intensificou a ocupación do castro de Santa Trega e, un século despois, cando se reformularon os espazos e as familias comezaron a posuír unidades e estruturas familiares.

Foi no século II a.C. cando se intensificou a ocupación do castro de Santa Trega e, un século despois, cando se reformularon os espazos e as familias comezaron a posuír unidades e estruturas familiares. A partires de entón “evidénciase  a existencia e diferenciación entre o mundo privado e o público en Santa Trega”, asegurou o arqueólogo.

Protocolo Xeral para a posta en valor dos xacementos galaico-romanos da provincia de Pontevedra

O convenio firmado co Concello, Padroado e Comunidade veciñal atópase enmarcado dentro do Protocolo Xeral para a posta en valor dos xacementos galaico-romanos da provincia de Pontevedra asinado entre a Deputación provincial e o Ministerio de Fomento. Deputación e Ministerio desenvolveron este protocolo coa finalidade de propiciar a transmisión do coñecemento dos bens arqueolóxicos á sociedade, ademais da súa valorización, ao considerar que o seu aproveitamento turístico representa un eixo importante para a estratexia de promoción turística provincial.

A institución provincial contribúe no financiamento deste proxecto cun importe de 2.131.350 €, e nel está a desenvolver tarefas de limpeza, mantemento, accesibilidade e sinalización, difusión e promoción, escavación, museización e dixitalización.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

680FansGóstame
290SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies