spot_img
InicioCondado ParadantaUn total de 25 Entidades de Salceda reciben algo máis de 90.000...

Un total de 25 Entidades de Salceda reciben algo máis de 90.000 euros do Concello

Un total de 25 Entidades de Salceda reciben algo máis de 90.000 euros do Concello25 entidades veñen de asinar co Concello os convenios de colaboración deste ano 2019 que lles permitirán percibir as axudas destinadas a colaborar na sufragación dos gastos que as entidades tiveron ao longo do ano, e que no mes de decembro terán que xustificar ante o Concello. No acto de sinatura, a alcaldesa Loli Castiñeira estivo acompañada dos concelleiros de cultura e deportes, Alex Rodríguez e Rubén González, e da concelleira de ensino e benestar social, Gela Ledo.

O Concello destina un total de 92.051,40 € para estes colectivos, asinando convenios cos oito centros culturais existentes no municipio (900 €), os dous coros (700 €), as catro asociacións de veciños (400 €), os entroidos de Barreiro e Feira (1.600 €), a Asociación de Amigos e Amigas da Música de Salceda (22.000 €), o CEP Altamira (1.200 €), o IES Pedras Rubias (2.400 €) e a Asociación de Xubilados e Pensionistas (3.000 €).

No eido deportivo, 22.551,40 € son para as Escolas Deportivas, 18.000 € para o Caselas C. F., 4.550 € para os Clubes de Balonmán e Baloncesto e 400 € para o Club Ciclista Aragonta.

Os convenios suponen un importante esforzo financieiro que o Concello asume consciente de que na maioría dos casos supón a supervivencia de moitas entidades que doutro xeito non terían capacidade de saír adiante.

Os convenios pretenden ofrecer un importante apoio ás diferentes asociacións, xa que todas elas realizan unha enorme actividade ao longo de todo o ano, que fai que Salceda sexa coñecida pola multitude de opcións de ocio durante os 365 días do ano. Considérase tamén fundamental o apoio ás actividades dos centros escolares públicos, que a pesares de non estar dentro das competencias dos Concellos reciben tamén unha aportación municipal.

As subvencións de maior importe son as que reciben a Asociación de Amigos e Amigas da Música, que engloba a Escola de Música de Salceda así como a Banda de Música, movendo en total máis de 400 rapaces de tódalas idades, e as Escolas Deportivas, que no seu caso moven cerca de 500 persoas.

O Concello colabora ademáis durante todo o ano coas diferentes asociacións co préstamo de material, donación de libros para as súas bibliotecas, asesoramento e información nos trámites con outras administracións…

Loli Castiñeira, alcaldesa de Salceda, destacou que “cada euro investido nas asociacións culturais e veciñais é un euro ben investido. O Concello non ten capacidade para levar programación cultural e deportiva ás sete parroquias, e isto súplese co apoio ás asociacións existentes en cada unha delas, que se encargan de realizar esa tarefa. No referente ao eido educativo, non nos podemos esquecer que estamos a falar dunha competencia autonómica, non municipal, na que o Concello fai unha importante aportación económica para que os nosos nenos e nenas poidan desfrutar da mellor calidade no ensino”.

- Publicidade -spot_img