Inicio Vigo e área O Porriño O cine como ferramenta para a prevención contra as violencias sexuais no...

O cine como ferramenta para a prevención contra as violencias sexuais no Porriño

O cine como ferramenta para a prevención contra as violencias sexuais no PorriñoA concelleira de Igualdade, Cami Moreira, presentou a actividade contra as violencias sexuais co cine como ferramenta para a prevención

Cami Moreira, a nova concelleira de Igualdade fixo a súa estrea nun acto público como membro do goberno municipal, presidindo a actividade formativa de prevención contra as violencias sexuais para estudantes de O Porriño. O acto celebrouse no Círculo Recreativo e Cultural.

Trátase dunha actividade concertada cos centros de ESO “Hermanos Quiroga”, “Ribeira do Louro”, “Pino Manso” e “Santo Tomás” promovida polo Concello de O Porriño a través da Concellería de Igualdade.

A nova concelleira de Igualdade agradeceu ós estudantes que participaron a súa asistencia e pediu ós mozos e mozas que “presten atención ós machismos e micromachismos que aparecen na sociedade de forma soterrada”. Cami Moreira insistiu ás chicas que “decir “non” é “non” e non debe incomodarlles” e que “reflexionen como queren establecer as súas relacións persoais”, manifestou a edil nacionalista do goberno municipal.

A sesión denominábase “Contra as Violencias Sexuais: Narrativas e Representación Audiovisual”. Prantexou o cine como ferramenta para a prevención e sensibilización contra a violencia de xénero nos centros educativos.

O dúo “Towanda Rebels” que forman as actrices Teresa Lozano e Zua Méndez protagonizou a sesión formativa.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies