Un ano máis o Concello de Salvaterra de Miño, en colaboración co IES de Salvaterra organiza unha xornada de concienciación sobre a Violencia de Xénero.
Dende o Departamento de Servicios Sociais levamos anos traballando na concienciación e educación dun espazo libre de violencias a través de diversos programas de actuación enfocados sobre todo á xente moza. Un ano máis levarase a cabo o concurso de slogans contra a violencia de xénero, de onde saíra o slogan gañador e co cal elaborarase toda a campaña de difusión que realizará o Concello neste eido.
Os premios e o slogan gañador daranse a coñecer o próximo 25 de novembro nun acto no Salón de Plenos do Concello de Salvaterra de Miño, ademais ese mesmo día repartirase o material da campaña deste ano, con pulseiras e marcapáxinas que conterán o slogan gañador do ano pasado e deste ano. E por último descubrirase o traballo elaborado polos alumnos de carpintería e plástica do IES co cal se porá voz propia ás vítimas
SALVATERRA EN NEGRO, SALVATERRA EN LOITA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.
NON APRESES,
NON MALTRATES,
NON AMEACES.