Inicio Vigo e área Soutomaior "Un soño chamado Soutomaior: María Vinyals, 1910-1917"

“Un soño chamado Soutomaior: María Vinyals, 1910-1917”

Exposición "Un soño chamado Soutomaior: María Vinyals, 1910-1917"Na exposición “Un soño chamado Soutomaior: María Vinyals, 1910-1917” que ainda pode visitarse, abórdanse de maneira monográfica os anos nos que Vinyals, o seu segundo marido, Enrique Lluria, e as súas fillas e fillos habitaron o castelo.

A nova exposición trata de forma monográfica o período no cal María Vinyals y Ferrés, tras herdar no ano 1908 do seu tío Antonio Aguilar y Correa o castelo de Soutomaior, se trasladou á antiga fortaleza co seu segundo esposo, Enrique Lluria Despau. Xunto a eles chegarían ao castelo o único fillo de ambos, Roger Lluria Vinyals, e as fillas e fillos procedentes dos seus anteriores matrimonios: Antonio Jordán de Urríes y Vinyals, Enrique Lluria Iruretagoyena, Emilia Lluria Iruretagoyena e Teresa Lluria Iruretagoyena.

A exposición pode visitarse ata o 29 de febrero en horario: de martes a domingo, de 10 a 19 h

Entre 1910 e 1917 María Vinyals procuraría para toda a prole unha elevada educación, que incluía o estudo de inglés e francés, a arte e a historia. Os fillos de maior idade, Antonio e Enrique, estudarían no prestixioso Dulwich College de Londres, mentres que a propia María e profesores particulares se preocuparían da formación dos máis pequenos.

Durante aqueles anos pasaron polo castelo personaxes ilustres da sociedade galega e española do período, coma o pintor Joaquín Sorolla, o escultor Mariano Benlliure, o polifacético Castelao ou a escritora Emilia Pardo Bazán. Incluso o popular aviador francés Védrines visitaría o castelo de Soutomaior convidado polo doutor Lluria. Proxecto deste último foi o famoso sanatorio ao que lle deu nome, un moderno complexo hospitalario creado no contorno da antiga fortaleza e que daría asistencia durante seis anos a pacientes que padecían enfermidades urinarias e artritismo. Incluso un paciente de orixe alemá que foi ingresado no sanatorio escribiu a un amigo seu contando as marabillas que coñecera naquel lugar e a moderna asistencia que se lles proporcionaba aos pacientes do centro.

Un sono chamado Soutomaior Maria Vinyals-1910-1917

A pesar da prosperidade do sanatorio Lluria durante os primeiros anos da súa creación, o estalido da Gran Guerra supuxo un proceso de declive que xa nunca se detería. Os pacientes empezaron a diminuír, e María Vinyals e Enrique Lluria víronse obrigados a solicitar un préstamo en condicións pouco vantaxosas que nunca lograrían pagar. Nin sequera o esforzo da ilustre propietaria tratando de buscar novas fontes de ingresos explotando os recursos produtivos existentes no contorno do castelo chegou a cristalizar. Por entón os ideais políticos da parella empezaran xa a espertar receos, e a Garda Civil rexistrou o castelo. O final do soño de crear un fogar naquel contorno paradisíaco esfumouse en 1917 cando a familia se trasladou a Madrid.

A exposición estará aberta ata o 29 de febrero de 2020 en horario: de martes a domingo, de 10 a 19 h

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

Publicidade

+ VISTOS

Publicidade
Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies