Inicio Val Miñor Nigrán Os cadetes do Club Baloncesto Nigrán fan historia

Os cadetes do Club Baloncesto Nigrán fan historia

Os cadetes do Club Baloncesto Nigrán fan historiaO equipo cadete do CB Nigrán acábase de meter na final da liga desta tempada 2019_2020. Non foi un camiño fácil, pero finalmente foron capaces de remontar algún que outro resultado adverso da primeira volta.

A liga arrincaba o pasado mes de outubro e, aínda que o equipo viña traballando moi ben, o certo é que os rivais tamén tiñan un alto nivel de competición e iso obrigoulles a que cada partido presentásese como unha final para poder estar entre os dous primeiros postos do grupo e poder así xogar os cruces cos dous mellores do outro grupo.

Con moito esforzo e tesón o equipo conseguiu ese obxectivo de meterse entre os catro primeiros da liga, que xa era unha gran fazaña , e focalizou entón o seu traballo en preparar a semifinal contra Seis do Nadal, equipo tamén moi competitivo.

En Nigrán empezouse a soñar, cando o equipo superou este primeiro partido de ida gañando por case vinte puntos ao seu rival arroupados por unha bancada na que familias dos xogadores e demais familias do CB Nigrán foron un factor crave na devandita vitoria.

O equipo sabía o que se xogaba no partido de hoxe, nunha cancha sempre difícil e onde o rival desde un primeiro momento non puxo as cousas fáciles ao club nigraniense que tivo que mostar a súa mellor versión na cancha. Pero como sempre, pelexaron duro e conseguiron así meterse na final da liga. Esta final terá lugar a próxima fin de semana xogando dous partidos de ida e volta contra PBB, gañador da outra semifinal.

Pase o que pase a próxima fin de semana, o certo é que este grupo de xogadores do Nigrán xa escribiron unha páxina moi importante na historia do Club, un club que segue conseguindo éxitos deportivos que atesouran o bo traballo que se realiza día a día.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

Publicidade

+ VISTOS

Publicidade
Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies