spot_img
InicioBaixo MiñoMedio Ambiente publica o novo Plan Reitor de Uso e Xestión do...

Medio Ambiente publica o novo Plan Reitor de Uso e Xestión do Parque Natural Monte Aloia, que entrará en vigor o 14 de marzo

Medio Ambiente publica o novo Plan Reitor de Uso e Xestión do Parque Natural Monte Aloia, que entrará en vigor o 14 de marzoA Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda publicou hoxe no DOG o decreto de aprobación do novo Plan Reitor de Uso e Xestión (PRUX) do Parque Natural do Monte Aloia, un instrumento de ordenación específico no que se detallan os obxectivos e criterios principais a seguir á hora de xestionar os distintos aproveitamentos, tanto públicos como privados, deste espazo natural. O documento entrará en vigor a partir do día 14 de marzo.

Cunha vixencia mínima de 10 anos, este é o segundo PRUX do Monte Aloia xa que o anterior fora aprobado en 2009. O Goberno galego responde así á necesidade de dotar a este parque dun instrumento de xestión propio, moderno e actualizado que desenvolva as directrices recollidas no seu Plan de Ordenación dos Recursos Naturais (PORN) e que estableza á vez as previsións de actuación da Administración dentro do seu ámbito.

copa-galega-andainas-25-kms-rematara-tui
Centro de Interpretación da Natureza
Destaca a Casa Forestal de curioso deseño, agora Centro de Interpretación da Natureza. Existen diversas rutas de sendeirismo e poderemos gozar de miradoiros naturais. Este espazo natural ha servido de refuxio e defensa das diversas invasións que sufriron estas terras ao longo da Historia, especialmente durante a Idade Media
O novo PRUX, en todo caso, non fixa novas limitacións nin é máis restritivo que o PORN aprobado en 2001. Neste sentido, o documento busca ante todo clarificar e sistematizar a normativa existente co fin de contar cunha regulación única que compatibilice cada un dos usos permitidos coa conservación da biodiversidade deste espazo.
Coa aprobación deste documento son xa catro os parques naturais da comunidade que contan cun instrumento de ordenación propio e actualizado

A aprobación deste decreto enmárcase no proceso de actualización normativa que impulsou a Xunta nos últimos anos co fin de dotar aos seis parques naturais que existen na comunidade dunha folla de ruta específica e adaptada ás súas necesidades e características particulares. De feito, a día de hoxe son xa catro os PRUX aprobados definitivamente en Galicia: o do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas, en decembro de 2018; o do Parque Natural da Serra da Enciña da Lastra e o do Parque Natural do Invernadoiro, ambos en xullo do ano pasado; e finalmente, o do Monte Aloia.

 

Cómpre lembrar que os PRUX son ferramentas de ordenación nos que se detallan os obxectivos e as pautas de xestión que rexen en cada espazo natural por un período de tempo limitado. Á vez, protexen e regulan os usos e aproveitamentos permitidos en cada unha das zonas identificadas dentro dos parques e concretan as actuacións a desenvolver en materia de conservación, uso público ou investigación, entre outros.

Plan de Emerxencias

O obxectivo xeral e común a todos os plans reitores é garantir e manter o bo estado dos hábitats naturais e das especies de fauna e flora presentes nos parques, pero tendo en conta tamén as esixencias económicas, sociais e culturais de cada zona. Para a consecución destes obxectivos xenéricos, os PRUX contemplan unha regulación específica de usos e actividades, establecen unha zonificación clara do territorio con distintos niveis de protección e restricións, e inclúen un plan económico para dar soporte ás actuacións.

Medio Ambiente publica o novo Plan Reitor de Uso e Xestión do Parque Natural Monte Aloia, que entrará en vigor o 14 de marzo
Ermida dedicada a San Xián

Así mesmo, o PRUX tamén contempla como novidade un Plan de Emerxencias, que será o primeiro co que conte este parque natural e que busca optimizar a utilidade dos recursos técnicos e humanos dispoñibles no mesmo, co obxectivo de controlar de forma rápida a evolución dunha eventual emerxencia e minimizar as súas posibles consecuencias.

Está ormado por elementos naturais, etnográficos e arqueolóxicos para coñecer e conservar. Posúe un recinto amurallado de época galaico-romana e unha pequena ermida dedicada a San Xián, reconstruída no ano 1713 sobre un templo románico

Por outra banda, o decreto publicado hoxe non só aproba o segundo PRUX do Monte Aloia senón que tamén modifica o decreto orixinal de aprobación do seu PORN, co fin de homoxeneizar as denominacións da zonificación coas dos outros parques naturais de Galicia, facilitando así a súa interpretación, e adaptalas con maior coherencia á realidade actual dos hábitats e especies protexidas deste parque.

O primeiro parque natural

Declarado en 1978, o Monte Aloia, con apenas 746 hectáreas, foi o primeiro parque natural de Galicia. Situado no límite sur da Serra do Galiñeiro, un dos seus grandes atractivos son as vistas panorámicas dos vales do Miño e do Louro.

As súas particulares características fan que o PRUX se fixe o reto de ampliar a proxección deste espazo natural cara á sociedade. Así, aspira a convertelo nun exemplo de xestión da auga e dos hábitats asociados, xa que no Aloia nacen cinco correntes fluviais e tamén é unha zona de recarga de acuíferos.

Na mesma liña, resalta o potencial deste parque para postularse como un espazo no que se desenvolven modelos de explotación silvícola do monte comunal que, ademais de rendibles e sostibles, tamén poden ser compatibles coa conservación da biodiversidade. Ademais, planifícanse medidas orientadas a restaurar os hábitats naturais do monte, contribuíndo a diminuír o risco de incendios e incrementar a resiliencia do conxunto fronte ao lume.

Para acadar estes obxectivos o decreto prevé un conxunto de medidas agrupadas arredor de catro programas de actuación: programa de conservación da biodiversidade, a paisaxe e o patrimonio cultural; programa de investigación, seguimento e avaliación; programa de extensión do uso público; e programa de mellora das infraestruturas e equipamentos.

De acordo coas previsións de usos e aproveitamentos a futuro incluídas no novo PRUX, elaborarase un programa económico-financeiro cunha vixencia mínima de 10 anos para financiar as actuacións correspondentes a estes catro programas. Nas dúas primeiras anualidades, o investimento previsto ascende a 200.000 euros, reservándose ao capítulo de xestión do uso público do parque a contía máis importante (85.000 euros).

En canto á zonificación, as catro zonas do PRUX de 2009 redúcense agora a tres: a de uso limitado, que abrangue os territorios cun valor de conservación alto polo que o seu uso público queda restrinxido; a de uso compatible, con predominio dos medios antrópicos e seminaturais, moi vencellados aos sistemas de aproveitamento tradicional; e a de uso xeral, que teñen un valor de conservación medio ou baixo e deben absorber, por tanto, a maioría das actividades de recreo e lecer, co fin de reducir a presión sobre áreas máis sensible.

- Publicidade -spot_img