spot_img
InicioBaixo MiñoUn innovador “Conto de Nadal” pon en pé ao público que enchía...

Un innovador “Conto de Nadal” pon en pé ao público que enchía o Teatro de Tui

“Conto de Nadal” pon en pé ao público que enchía o Teatro de TuiCo público en pé aplaudindo. Así terminou a representación deste innovador “Conto de Nadal”, un espectáculo ambicioso e singular, que posiblemente sexa a primeira vez a nivel mundial, que a emblemática obra de Charles Dickens se leva escena contando só con música vocal

Tui presentou onte a noite, un espectáculo innovador e único cun concerto danzado da Escola de Danza Paula Cobián e o Coro Mistura Vocal, no que tamén interveu o coro ImaGine VoiZes de Aldeas Infantiles. Posiblemente se trate da primeira vez a nivel mundial que “O Conto de Nadal” de Charles Dickens se leva escena con estas características, contando só con música vocal.  Máis de 70 persoas, con idades entre os 9 e os 50 anos, estiveron sobre o escenario cunha coidada posta en escena e unha escenografía realizada por Juantxo García e Eva García que brindou a ambientación perfecta para un espectáculo ambicioso e singular.

“Conto de Nadal” pon en pé ao público que enchía o Teatro de Tui

“Conto de Nadal”

O espectáculo multidisciplinar “Conto de Nadal” de Charles Dickens chega ao Teatro Municipal con dobre función, xa que hoxe tamén hoxe, domingo 22 de decembro, haberá función ás 19 h.

Dividido en cinco actos o conto comeza cunha escenografía victoriana que xa ao remate do primeiro acto cambia a unha ambientación contemporánea. As pezas que interpreta o Coro Mistura Vocal van dende o Renacemento, ao pop, ou composicións contemporáneas harmonicamente complexas.  As 17 bailarinas da Escola de Danza Paula Cobián representan, con danza contemporánea, as distintas escenas, xunto aos membros do coro que tamén forman parte da interpretación. Alfredo Rodríguez da vida a Scrooge coma actor protagonista.

“Conto de Nadal” pon en pé ao público que enchía o Teatro de Tui

A duración do espectáculo é de 80 minutos, aproximadamente As entradas que se puxeron á venda en www.culturatui.info , case se esgotaron ao terceiro día. Este evento forma parte da programación “Tui, o Camiño do Nadal, o camiño natural”.

“Conto de Nadal” pon en pé ao público que enchía o Teatro de Tui

Datos técnicos

  • Organiza: Concello de Tui
  • Produción: Mistura Vocal e Paula Cobián Escola de Danza
  • Con ALFREDO RODRÍGUEZ no papel de Scrooge
  • Colaboración especial do coro ImaGine VoiZes de Aldeas Infantiles
  • Dirección artística: Paula Cobián
  • Dirección musical : Aloia Martínez
  • Iluminación e efectos visuais: Diego Leirós
  • Asesoramento musical: Manuel Cunqueiro
  • Escenografía e atrezzo: Eva García e Juantxo García
  • Rexedora: Inés Cobián
  • Texto: Alfredo Rodríguez e Olga Cameselle
  • “Matte painting” e maquetación: Marta Fontán
  • Vídeo: Gus Abreu
  • Fotografía: Raquel Diz e Ricardo Villa“Conto de Nadal” pon en pé ao público que enchía o Teatro de Tui“Conto de Nadal” pon en pé ao público que enchía o Teatro de Tui“Conto de Nadal” pon en pé ao público que enchía o Teatro de Tui
- Publicidade -spot_img