Inicio Baixo Miño O historiador rosaleiro "Tamuxe" presenta un libro sobre cruceiros, cruces e almiñas...

O historiador rosaleiro “Tamuxe” presenta un libro sobre cruceiros, cruces e almiñas do municipio de Oia

O historiador rosaleiro Tamuxe presenta un libro sobre cruceiros, cruces e almiñas do municipio de Oia
Na foto da pantalla, os dous historiadores cando eran máis novos

O Concello de Oia presentou este venres o libro titulado Cruceiros, cruces e almiñas do Baixo Miño II. Concello de Oia.

O acto, contou coa presenza da alcaldesa de Oia, Cristina Correa e do historiador Fernando Javier Costas Goberna, que foi o encargado de facer a presentación do autor.

A obra, do historiador Xoán Martínez Tamuxe, recolle arredor dun centenar de pezas, ademais da toponimia relacionada con este tipo de elementos patrimoniais

Cruceiros, cruces e almiñas do Baixo Miño II. Concello de Oia trata de achegarnos a este interesante patrimonio etnográfico para poder coñecelo mellor e revalorizalo. Ao longo das súas páxinas, escritas tras unha rigorosa investigación e compilación de datos durante varias décadas, Martínez Tamuxe ofrece un resumo histórico de cada parroquia e o inventario de cada peza ou monumento, así como o seu estudo e catalogación.

Con esta publicación, editada coa colaboración de Turismo da Xunta de Galicia, o Concello continúa coa actividade de edición de libros relacionados co patrimonio e a historia local que vén desenvolvendo nos últimos anos. Xa para 2020, a colección engadirá algún novo título máis.

Pezas de diversas épocas históricas

O libro de Xoán M. Tamuxe identifica arredor dun centenar de pezas de diversas épocas históricas, desde cruciformes gravados na pedra ata vía crucis, cruces labradas en pedra, cruceiros e almiñas (tamén coñecidas como petos de ánimas). Así mesmo, recolle exemplos de topónimos que fan alusión a este tipo de patrimonio nas distintas parroquias oienses.

Entre os elementos estudados destaca o cruceiro da Praza da Centinela, o máis artístico do municipio e que, segundo indica o libro, era coñecido como a “Cruz das Indulxencias”. Esta estrutura data do século XVIII e está situada no barrio do Arrabal, moi preto do Mosteiro de Santa María de Oia.

Agasallo de exemplares na presentación

O Concello agasallou cun exemplar do libro ás persoas asistentes ao acto de presentación, que forma parte da programación de actividades da Semana Cultural de Mougás que a Asociación Veciñal organiza entre o 20 de decembro e o 5 de xaneiro.O historiador rosaleiro “Tamuxe” presenta un libro sobre cruceiros, cruces e almiñas do municipio de Oia

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies