spot_img
InicioBaixo MiñoO Festival IKFEM da EurociudadeTui-Valença nomeado aos premios Iberian Festival Awards 2020

O Festival IKFEM da EurociudadeTui-Valença nomeado aos premios Iberian Festival Awards 2020

O Festival IKFEM da EurociudadeTui-Valença nomeado aos premios Iberian Festival Awards 2020O International Keyboard Festival & Masterclass -IKFEM- da Eurociudade Tui-Valença, que dirixe a pianista e xestora musical Andrea González desde a asociación Xuventudes Musicais Eixo Atlántico, foi nomeado aos reputados premios Iberian Festival Awards na categoría Best Academic and Youth Festival, optando a ser o mellor festival académico e mozo da península ibérica.

Están abertas as votacións na plataforma www.talkfest.eu/nominees20 ata o 7 de xaneiro para seleccionar aos 10 mellores festivais de cada categoría. Un xurado, o 14 de marzo de 2020 en Lisboa, desvelará o gañador de cada categoría.

Festivais españois e portugueses compiten en 25 categorías, entre eles os festivais galegos Resurrection Fest, O Son do Camiño, 17ª Ribeira Sacra, Sinsal Son Estrela Galicia e PortAmérica. “O festival IKFEM, comenta Andrea, é unha rareza que salga nomeado neste tipo de concursos porque principalmente son os festivais de pop, indie, rock, electrónica os que compiten. Nós programamos todos os xéneros musicais integrando a música clásica xunto a concertos de world music, jazz, pop, rock, barroca… Pretendemos ser diferentes nunha paraxe inigualable como é o patrimonio natural da Eurociudade Tui-Valença e con eventos singulares como o primeiro desfile moda entre España e Portugal ou o concerto con 10 pianos na ponte internacional.”

IKFEM ten unha vertente académica paralela na que participaron máis de 150 músicos de 9 países para os seus masterclasses en instrumentos de teclado. O festival ofrece un marco único no mundo onde entender a amplitude de estilos musicais desde o denominador común do teclado. Profesores recoñecidos da península e do exterior comparten os seus coñecementos sobre órgano, zanfona, acordeón, clave, piano clásico e jazz cos mozos participantes quen tamén tocan para o público do festival. O próximo mes de xaneiro, a oitava edición do festival abre as inscricións para as masterclasses que terán lugar do 19 ao 26 de xullo.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.