spot_img
InicioCondado ParadantaUn grupo de senderismo percorrerá o Camiño de Ignacio Taverneiro por etapas

Un grupo de senderismo percorrerá o Camiño de Ignacio Taverneiro por etapas

un-grupo-de-senderismo-percorrera-o-camino-de-ignacio-taverneiro-por-etapasO vindeiro 6 de outubro un grupo de máis de cen persoas inicia o Camiño de Ignacio Taverneiro dende Salvaterra de Miño ata Ponteareas, son 16 km cun nivel de dificultade fácil.

Revista Cousas de Nº23

O grupo continuará cada mes realizando cada etapa do Camiño pasando por Ponteareas, Pazos de Borbén, Ponte Caldelas, Cotobade e Cerdedo, cruzando o río Lérez pola Ponte de Pedre e que ía cara Compostela por A Estrada.

Un percorrido polo interior da provincia de Pontevedra, salpicado de decenas de lugares de gran interese cultural e natural, nada masificado.

A investigación sobre este camiño xacobeo ten como eixe a reseña nos libros parroquiais de San Paio de Figueroa (A Estrada) dunha anotación sobre a morte dun peregrino no ano 1784. Era un veciño de Santa Baia de Ponte Caldelas, falecido durante a viaxe de regreso da súa peregrinación. Chamábase Ignacio Taverneiro e o nome desta ruta foi posto na súa honra.

O Camiño de Ignacio Taverneiro ten un percorrido de 130 km e comeza en Salvaterra de Miño seguindo polo Río Tea. O 6 de outubro realizarán a primeira etapa ata Ponteareas e se alguén quere participar pode anotarse chamando por whatsapp no 636788368.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.