Un concerto do Ensemble Vigo 430 inaugura o novo curso do Conservatorio Municipal de Música de Gondomar 

Un concerto do Ensemble Vigo 430 inaugura o novo curso do Conservatorio Municipal de Música de Gondomar O  Conservatorio Municipal de Música de Gondomar inaugura o novo curso cun concerto a cargo do Ensemble Vigo 430″
O vindeiro mércores 10 ás 20h00 no Auditorio Lois Tobío de Gondomar, o Ensemble Vigo
430 será o encargado de inaugurar o curso no conservatorio municipal, e o fará con un
repertorio que en moi poucas ocasións teremos a oportunidade de escoitar, xa que
interpretaránse a “Suite en Rocaille” de Florent Schmitt e a Serenata de Albert Roussell,
ambas para quinteto de arpa, frauta, violín, viola e violoncello. Trátase de música composta
no período de entreguerras do pasado siglo XX, con tintes neoclásicos e pinceladas
impresionistas típicas da colorista música francesa de esa época. O concierto completaráse
co célebre cuarteto con flauta en Re mayor K.285 de Mozart. O concerto, organizado pola
Concellería de Cultura do Concello de Gondomar, dirixida por Nuria Lameiro, é de entrada
gratuita, ata completar aforo.
Un concerto do Ensemble Vigo 430 inaugura o novo curso do Conservatorio Municipal de Música de Gondomar O concerto está encadrado dentro das conmemoracións polo seu 35 Aniversario no que
programaron durante todo o ano unha gran variedade de actividades e concertos de tódolos
estilos que van dende o repertorio clásico, ao jazz máis actual, pasando por concertos
infantís de estilo punk. O centro celebra por cuarto ano consecutivo unha matrícula do 100%
das prazas que ten en especialidades coma violín, viola, clarinete, saxofón, guitarra e piano,
quedando varios nenos en lista de espera. O obxectivo principal deste centro é crecer como
centro de referencia na formación musical da comarca, aumentando as prazas existentes e
abrindo novas especialidades nun futuro.”
Please follow and like us:

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies