A ONU pide implementar medidas “sen precedentes” para evitar “danos irreparables” do cambio climático

greenpeace-urxe-a-reducir-as-emisions-de-co2-porque-ainda-que-se-han-estancado-son-as-mais-altas-da-historiaPanel Intergobernamental de persoas expertos sobre o Cambio Climático (IPCC) de Nacións Unidas presentou este luns, 8 de outubro, un informe que insta a poñer en marcha “cambios de gran alcance e sen precedentes en todos os aspectos da sociedade” (enerxía, industria, infraestruturas…) para limitar a un máximo de 1,5 º C o aumento das temperaturas como consecuencia do quedemento global e evitar así “danos irreparables”.

Nun informe de 400 páxinas, o grupo científico encargado do estudo expón os numerosos impactos climáticos que afronta o planeta se as temperaturas suben máis de 1,5 º C respecto ao dos niveis preindustriales: ondas de calor, extinción de especies, desxeo dos casquetes polares, etc. “Cada pequeno episodio de quecemento adicional importa, sobre todo porque superar os 1,5 º C aumenta o risco de cambios profundos ou mesmo irreversibles, como a perda dalgúns ecosistemas”, explica Hans- Otto Pörtner, copresidente desta reunión.

Se o quecemento “segue crecendo ao ritmo actual” por culpa das emisións de gas de efecto invernadoiro, “entre 2030 e 2052” o aumento das temperaturas mundiais subirá 1,5 º C, sinala o informe baseado en máis de 6.000 estudos. E se os Estados se cinguen aos compromisos de redución de emisións que presentaron no Acordo de París sobre o clima en 2015, a subida das temperaturas será de 3 º C a finais do século XXI.

Daquela, que se pode facer para evitar ese escenario, tendo en conta que as emisións mundiais vinculadas ás enerxías volveron crecer en 2017? Para o IPCC, as emisións de CO2 deberán caer nun 45% de aquí a 2030 para limitar o quecemento a 1,5 º C, e o mundo deberá alcanzar en 2050 unha “neutralidade de carbono”, é dicir, que terá que deixar de emitir máis CO2 do que se retira da atmosfera.

“O informe dá aos responsables políticos a información que necesitan para tomar decisións para loitar contra o cambio climático sen esquecer as necesidades das poboacións”, explica a surafricana Debra Roberts, outra copresidenta desa reunión, que considera o informe como “un chamamento á coordinación”. “Os próximos anos serán os máis determinantes da nosa historia”, asegura. O seu colega francesa, a climatóloga Valérie Masson- Delmotte, cre que o informe deixa un “balance lúcido e difícil: a política dos pequenos pasos non basta”. “Se non actuamos agora, dirixímonos cara a un mundo no que estaremos sempre xestionando crise”, afirma. “A boa noticia é que hai accións en curso no mundo, pero habería que aceleralas para ter transicións suaves. A verdadeira pregunta é esta: estará a xente disposta a actuar e haberá bastante vontade política colectiva?”.

Fonte: Europa Press e AFP

Please follow and like us:

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies