spot_img
InicioVal MiñorNigránO Concello de Nigrán organiza en Chandebrito unha homenaxe no primeiro aniversario...

O Concello de Nigrán organiza en Chandebrito unha homenaxe no primeiro aniversario dos incendios

O Concello de Nigrán organiza en Chandebrito unha homenaxe no primeiro aniversario dos incendiosO Concello de Nigrán, Comunidade de Montes de Chandebrito e a Asociación de Veciños ‘O Castro’ organizan este domingo na parroquia un acto de homenaxe no primeiro aniversarios dos incendios que arrasaron a contorna e causaron dúas vítimas, Angelina e Maximina.

A celebración arrancará ás 19:00 horas na contorna do ‘Bosque da Memoria’, unha reforestación feita hai  meses detrás do Castro de Chandebrito e onde se instalará unha carpa ante a posibilidade de choiva.  Os actos inclúen un recoñecemento público á veciñanza (a quen se invita a asistir) e ás entidades que  colaboraron durante e despois da catástrofe. Ademais, descubrirase unha escultura conmemorativa realizada polo colectivo artístico ‘Arte no Queimado’ (nacido a raíz dos lumes) e presentaranse proxectos medioambientais concretos para a zona. A continuación, haberá un magosto popular e música a cargo do recoñecido  gaiteiro e compositor Xulio Lorenzo e o guitarrista Diego Bea xunto ao grupo de gaitas ‘O Castro de Chandebrito’. A xornada rematará coa proxección en directo ás 21:30 horas do programa ‘Volando Voy’ de Jesús Calleja que foi gravado no Val Miñor a tenor dos incendios e que prestou especial atención á parroquia.

Os actos arrancarán ás 19:00 horas coa entrega de recoñecementos ás entidades que colaboraron durante o lume e despois. Ademáis, descubrirase unha escultura conmemorativa e tocará en directo Xulio Lourenzo e Diego Bea e o grupo de gaitas ‘O Castro’ de Chandebrito

“Será un acto en positivo, onde por en valor a nova concienciación medioambiental e o sentimento de unión e fraternidade xurdida nas parroquias de Camos e Chandebrito despois da catástrofe. Por suposto, será tamén un acto para o recordo das dúas veciñas de Chandebrito que perderon a vida nese día, Angelina e Maximina”, sinala o alcalde, Juan González.

A xornada rematará cun magosto popular e coa proxección en directo do programa ‘Volando Voy’ de Jesús Calleja gravado no Val Miñor

Finalmente, se a climatoloxía o permite, o Concello de Nigrán ten previsto organizar o luns 15, no propio aniversario dos lumes, unha andaina polo futuro parque forestal Taboas-Os Matos, contorna que tamén foi devastada polo lume (compre recordar que en Chandebrito só sobreviviron 2 hectáreas do total de 232 de monte comunal e en Camos 20 ha do total de 370 ha).

- Publicidade -spot_img