Baiona rende homenaxe aos veciños e veciñas que axudaron a sufocar os incendios do ano pasado

O Concello de Baiona renderá homenaxe aos veciños e veciñas do municipio que colaboraron na extinción dos incendios que arrasaron o 15 de outubro de 2017 a Real Vila.

O vindeiro domingo, día 14 de outubro, o Concello organizará un acto que lembre para sempre a traxedia e a solidariedade dos baioneses. A homenaxe, ao que asistirá a corporación municipal, autoridades locais, representantes das distintas comunidades de montes do municipio, asociacións culturais, asociacións de veciños …e ao que están convidados todas aquelas persoas que desinteresadamente colaboraron, terá lugar no parque baionés “Mercedes da Escaleira”, aos pés do monumento da Virxe da Roca. O acto principal da xornada será a inauguración dun monumento conmemorativo que deixe constancia da unión e solidariedade dos veciños, e veciñas que traballaron xuntos, de xeito conxunto, conseguindo que non se producise unha desgraza de magnitudes maiores.

“Ademais do efecto devastador das chamas, os incendios deixáronnos tamén unha pegada da solidariedade dos veciños e veciñas”, apuntou o alcalde, Angel Rodal, quen sinalou que a localidade “tiña unha conta pendente con todos os que, dalgún modo, axudárona a levantarse das súas propias cinzas”.

Hai un ano o pleno do Concello de Baiona aprobou por unanimidade unha Declaración Institucional tras os incendios recoñecendo o traballo de todos os veciños e veciñas nos labores de extinción nos lumes, que tamén expuña a creación dun monumento á solidariedade veciñal. Desde o Concello quixeron facer coincidir o acto de homenaxe, recoñecemento e agradecemento á veciñanza co primeiro aniversario dos feitos.

O Concello de Baiona organizou este acto un ano despois da traxedia que non chegou a ser maior grazas á cidadanía de Baiona. Desde o Concello son coñecedores dos arduos esforzos realizados pola poboación para sufocar as chamas que irremediablemente se achegaban ás súas vivendas, tendo moitos veciños que utilizar todos os medios á súa disposición.

Grazas á inestimable axuda de todos soamente se ha produciu unha perda ambiental pero ningunha vivenda foi pasto das chamas, pois finalmente co esforzo e a unión de todo o pobo baionés conseguiuse que non se producisen perdas maiores.

Actos de homenaxe aos veciños que axudaron a sufocar os incendios de outubro de 2018:

12.00 horas: Inauguración de monumento conmemorativo. Parque “Mercedes da Escaleira”, onde se sitúa o monumento da Virxe da Roca de Baiona (Estrada de subida á Virxe da Roca, 36300 Baiona)

Please follow and like us:

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies