Un total de 76 coches competirán na terceira edición do Rallie da Eurocidade no próximo fin de semana, 12 e 13 de outubro.
O percorrido se desenvolverá polos municipios de Valença, Paredes de Coura e Vila Nova de Cerveira. Os afeccionados do deporte do motor, teñen a oportunidade de asistir a unha proba que reúne pilotos portugueses e españois, con equipos referencia como os equipos de fábrica como a hyundai ou a suzuki España, entre tantas outras.
Foi no edificio da Cámara Municipal de Valença, que se fixo a presentación do III Rallie Eurocidade, do calendario deportivo da Eurocidade Tui-Valença e da Federación Portuguesa de Automobilismo, organizada pola escudaría Parallel Velocity Club, en colaboración coa Escudaría Doña Urraca, que se celebrará os días 12 e 13 de outubro.
Na mesma estiveron presentes o alcalde de Tui, Carlos Vázquez, o presidente da Cámara Municipal de Valença, Jorge Salgueiro, o presidente da Cámara Municipal de Paredes de Coura, Vítor Paulo Pereira, o vereador de desporto da Cámara Municipal de Valença, José Monte, os concelleiros da Eurocidade e de deportes de Tui, Andrés Urseira e Eduardo Freiría, así como o presidente da escudaría Parallel Velocity Club, Jorge Galhardo, e o presidente da Escudaría Doña Urraca, Marcos González. Tanto o Alcalde de Tui como o Presidente da Câmara de Valença coincideron en mostrar a súa contrariedade nos obstáculos burocráticos que impiden organizar un Rallie que poida cruzar a fronteira.
Venres – Quecemento á Noite
O primeiro contacto coas máquinas poderá ser o parque que rodea aos Bombeiros Voluntarios de Valença, venres, 12 de outubro, ás 20h30, local onde transcorrerán as verificacións técnicas. O punto de concentración de todos os equipos / pilotos participantes no 3º Rally Eurocidade será o recinto do Campo da Feira de Valença.
Sabado – A competición
Onde e Cando Ver en Valença?
O percorrido en Valença terá unha extensión de 15 Kms, con dúas mangas, con saídas ás 10h08 e ás 13h15
Taião (fronte ao edificio da Xunta de Freguesía)
GPS: N 41º59’43.96” W 8º35’35.61”
Cerdal ( Gozende na bifurcación da estrada de Gozende / Mosteiró e Taião)
GPS: N 41º58’51” W 8º35’49”
Cerdal (Parque de Merendas de Mosteiró
GPS: N 41º58’25.55” W 8º35’32.95”
Onde e Cando Ver en Paredes de Coura?
O percorrido en Paredes de Coura terá unha extensión de 8,36 Kms, con dúas mangas, con saídas ás 10h41 e ás 13h48
Outeiro (No cruzamento da EN 301 coa municipal 1072, fronte ao cemiterio)
GPS: N 41º53’25” W 8º35’35.64”
Agualonga ( cruzamento da EN 301 coa municipal 1077)
GPS: N 41º53’18.51” W 8º36’56.63” Carreira (Próximo ao cruzamento da EN 201 coa municipal 1077)
GPS: N 41º52’45.39” W8º37’22.11”
Onde e Quando Ver em Vila Nova de Cerveira?
O percurso em Vila Nova de Cerveira terá unha extensión de 13,22 Kms, con duas mangas, con saídas às 11h14 e às 14h21
Sopo (municipal 517, em Rodetes)
GPS: N 41º53’37.87” W8º45’50.30”
Covas (cruzamento da EN 301 com a municipal 1043)
GPS: N41º52’43.77” W8º42’20.69”
Sopo (cruzamento da EN 301 com a ponte sobre o Rio Coura)
GPS: N41º52’56.75” W8º45’42.42”
A organización do evento está a cargo da Parallel Velocity e conta co apoio da Eurocidade Tui Valença, dos Municipios de Valença, Paredes de Coura e Vila Nova de Cerveira e Escuadra Dona Urrraca e conta coa especial colaboración da Guarda Nacional Republicana e bombeiros voluntarios de Valença, Paredes de Coura e Cerveira.



