O Parador de Baiona acolle desde o 5 ao 10 de xuño ‘a Escola de Verán e o Congreso de Neurorrehabilitación Avanzada’, na que científicos de todo o mundo abordan o futuro da neurorrehabilitación.
Xa no ano 2014, Baiona fora a sede deste simposium e un ano máis, no 2016, a Concellería de Turismo que coordina Beatriz González, colabora de novo coa secretaría técnica do congreso, no desenvolvemento do programa social. Este programa consiste na realización de visitas guiadas para os asistentes, proporcionándolles material promocional do noso municipio e todo o apoio necesario para que a súa estancia entre nós sexa o máis agradable posible.
O alcalde de Baiona, Ángel Rodal, acompañado do concelleiro de accesibilidade Policarpo Vilar e a Concelleira de Turismo, Beatriz González, acudiron ao Parador, a unha xornada onde lles mostraron parte do material que se presentou no congreso.
Puideron comprobar os últimos avances tecnolóxicos en ‘exoesqueletos’ : robots que moven as pernas dos usuarios para que poidan desprazarse, sen necesidade de cadeira de rodas.
Explican os expertos que estes exoesqueletos non só melloran a autonomía dos usuarios, senón que tamén benefician á súa saúde mental e física ao estar máis tempo de pé. Estes dispositivos robóticos, reciben ordes da persoa para iniciar a marcha ou parar e asisten ao movemento das pernas do usuario. Reaccionan á pulsación dun botón, outros se controlan cun teléfono móbil e outros miden e analizan os sinais bioeléctricas do paciente como a súa actividade cerebral ou muscular: ‘Un gran avance para a ciencia’.
Baiona estase a consolidar como destino de Congresos, sendo un referente a nivel das Rías Baixas e de Galicia, tanto por la importancia cualitativa como cuantitativa de los eventos que se programan.




