Inicio Pontevedra TurisTIC, a aceleradora da Deputación de Pontevedra abre novas oportunidades a empresas...

TurisTIC, a aceleradora da Deputación de Pontevedra abre novas oportunidades a empresas da provincia

TurisTIC, a aceleradora da Deputación de Pontevedra abre novas oportunidades a empresas da provinciaA segunda convocatoria da Aceleradora TurisTIC, da Deputación de Pontevedra, serviu para que empresas da provincia comezaran a aproveitar as posibilidades que ofrecen as novas tecnoloxías, tanto no desenvolvemento como na posta en marcha do negocio nun sector tan competitivo como o turismo.

A convocatoria, que deu comezo en outubro pasado, concitou o interese de 14 empresas candidatas, das que houbo unha selección daquelas firmas en función do seu grao de innovación, a presentación dunha memoria e o perfil das/os empresarias/os candidatas/os.

As empresas seleccionadas resultaron ser Pazo de Rubianes (que abriu en 2012 e desenvolve un produto turístico en torno ao patrimonio botánico, histórico, cultural e vitivinícola desta emblemática finca das Rías Baixas), Celtic Ways (empresa de servizos especializados en diversos idiomas, que ofrece guías-servizos de información turística, visitas “á carta” e asesoramento e deseño de produtos turísticos), VigoPeques (plataforma online de turismo familiar, en formato blog, para a organización de viaxes en familia, educación e lecer infantil en Galicia e Portugal), e Albergue Turístico A Guarda (casa mariñeira de 1957 do casco urbano de A Guarda, orientada ao aloxamento de peregrinos do Camiño Portugués a Santiago).

As persoas responsables das empresas seleccionadas recibiron un programa intensivo de titorías individualizadas con expertos en tecnoloxía, imaxe dixital e competitividade, entre outras. Tamén houbo sesións grupais sobre a relevancia da innovación, novas oportunidades e marketing dixital. As sesións abordaron dende os pasos para a creación dunha empresa á creación dun portfolio de produto diversificado ou busca de novos nichos de mercado aínda por explotar, entre outras cuestións. Grazas a esta iniciativa, estas empresas melloraron a súa estratexia TIC cara a unha maior competitividade tanto no ámbito de marketing e publicidade como en comercialización.

A aceleradora é unha iniciativa posta en marcha polo servizo TurisTIC da Deputación,  creado no ano 2018 para dar asesoramento específico a este sector na introdución ás novas tecnoloxías. Á súa vez forma parte da Rede SmartPeme, que naceu en 2016, como servizo de asesoramento e apoio ás persoas emprendedoras, autónomas  e PYMES da provincia de Pontevedra na mellora da eficiencia, produtividade e competitividade a través do uso de ferramentas tecnolóxicas.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies