Inicio O Morrazo Bueu Jazz, reggae e pop nos concertos do FICBUEU

Jazz, reggae e pop nos concertos do FICBUEU

Jazz, reggae e pop nos concertos do FICBUEU
Caspervek Trio

O amplo programa musical do certame de curtas inclúe un concerto no que se porá banda sonora a grandes clásicos do cine mudo

A música ao vivo terá un destacado papel no programa do 12º Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu, que se celebra entre o 6 e o 14 de setembro. Os directos estarán encabezadas polo artista barcelonés Enric Montefusco, para cuxo concerto xa se poden adquirir as entradas na web do FICBUEU. No entanto, a organización programou ademais unha serie de actuacións de balde protagonizadas por AJB Collective, Caspervek Trio, High Paw, Iván Rodríguez e The Swinging Flamingos. A estas súmase o concerto PunkInfantil e a música dos programas de radio, como a de Agoraphobia en Carne Cruda.

O 12º Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu arrincará o 6 de setembro ás 20 horas cun concerto ambiental nas inmediacións do Centro Social do Mar, onde membros da Asociación de Jazz de Bueu, baixo a denominación AJB Collective, se encargarán de entoar o saxo, a batería e o banjo, que continuarán soando tanto no acto inaugural como ao seu remate. Na mesma xornada, ás 22.30 horas, a música trasladarase ao interior do auditorio da man de Caspervek Trio, coa actividade ‘Panorama de cinema mudo: 15 anos de pioneiros da sétima arte (1902-1917)’. O grupo encargarase de poñerlle banda sonora a tres obras xa habituais do seu repertorio, e estreará outras dúas. Deste xeito, proxectaranse con música en directo cinco fitas capitais da orixe do cinema, asinadas por Mèliés, De Chomón, Chaplin, Guy e Griffit.

Na fin de semana, ás 12.30 horas, desenvolveranse no exterior do Centro Social do Mar as sesións vermú do FICBUEU 2019, nas que o público poderá degustar un Vermut Lodeiros de produción galega. A do sábado día 7 estará amenizada por High Paw meets Mr. Mou, dúo no que a singjay e guitarrista High Paw, nova promesa do reggae estatal, estará acompañada por Mr. Mou ao casiotone. O domingo 8 será a quenda para Iván Rodríguez Covers, show no que o cantante, con máis de 25 anos de experiencia, versionará clásicos do pop e do rock. O sábado ás 22.30 horas terá lugar ademais o xa citado concerto de Enric Montefusco.

A música volverá ás inmediacións do Centro Social do Mar o sábado 14 de setembro ás 20 horas con The Swinging Flamingos para trasladarnos á Nova Orleans dos anos 20. Será un concerto con moito swing que reúne a esencia das big bands norteamericanas e que dará paso á Gala de Clausura, coa que se pechará o FICBUEU 2019. Tanto esta actuación como a da xornada inaugural contan co apoio da Deputación de Pontevedra a través do Plan Pontegal.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies