Inicio Alto Minho Valença do Minho aposta polo turismo verde

Valença do Minho aposta polo turismo verde

Valença do Minho aposta polo turismo verdeA Ecovia das Veigas do Rio Minho e os Passadiços do Mosteiro de Sanfins son os novos produtos turísticos que Valença está a ultimar. Unha aposta polo turismo verde que pretende mostrar alguns dos recunchos naturais e patrimoniais máis máxicos deste municipio portugués.

Ecovia das Veigas do Rio Minho

Este é un novo corredor verde cun percorrido de 5,6 quilómetros que pasa polas freguesías de Valença, Ganfei e Verdoejo.

As Veigas do Rio Minho complementan o percorrido da Ecopista do Rio Minho e buscan aproximar esta vía emblemática ao río. O percorrido comeza no peirao en Valença e segue paralelo ao río ata Verdoejo, con conexión á Ecopista existente.

Dende a Cámara Municipal explican que: “Este percurso criou miradouros privilegiados para Tui, com passagem no banco de areia de Arinhos, ilhotas, parque de merendas, cais e Pesqueira dos Frades em Ganfei, parque de merendas, ilhas de Ranhão e do Conguedo e lagoa do rio Novo em Verdoejo, até à atual Ecopista.”

Passadiços e Casa na Árvore no Mosteiro de Sanfins

Trátase dun circuito interpretativo, con pasarelas, casa da árbore, pergolas de lectura, binóculos panorámicos, observatorio de aves, parque infantil e de merendas e puntos de descanso, todo iso na Quinta do Mosteiro de Sanfins.

O percorrido pasará tamén pola Igrexa Románica, as ruinas, a Capela da Senhora do Loreto, as fontes e o muíño. Todo un mundo natural e patrimonial encantado e singular que, en breve, estará operativo.

Potenciar o Turismo de Natureza

Con estes dous investimentos, tal e como sinala a Câmara Municipal de Valença, búscase “reforzar a aposta polo turismo de natureza proporcionando máis atractivos de entretemento, lecer e interpretación para quen visita o muncipio”.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

692FansGóstame
308SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies