Inicio Baixo Miño Tui súmase este 24 de febreiro á celebración do 'Día de Rosalía'...

Tui súmase este 24 de febreiro á celebración do ‘Día de Rosalía’ con diversas iniciativas en lembranza da nosa poetisa máis universal

Tui súmase este 24 de febreiro á celebración do 'Día de Rosalía' con diversas iniciativas en lembranza da nosa poetisa máis universalA Concellería de Cultura do Concello de Tui promove a conmemoración o vindeiro 24 de febreiro do “Día de Rosalía” en que se conmemora o 184 aniversario do nacemento da escritora máis representativa e reivindicativa de Galicia, Rosalía de Castro, pola súa defensa do pobo e da lingua. 

O Concello de Tui acordou no ano 2013 a celebración anual deste evento e neste ano dende a Concellería de Cultura, a través da Biblioteca Municipal, se teñen preparado diversas lonas con varios dos poemas máis populares de Rosalía de Castro que se colocarán na fachada da Biblioteca para lembrar esta celebración e contribuír á difusión da súa obra poética.

Dada a situación epidemiolóxica actual e as medidas sanitarias derivadas da pandemia da Covid-19, dende a Concellería de Cultura do Concello de Tui indican que as actividades están limitadas. Con todo, o concello súmase como en anos pasados á iniciativa impulsada dende a Fundación Rosalía de Castro, denominada o “Caldo de gloria” e que xorde a partir do poema “Miña casiña, meu lar” (Follas novas, 1880).

Dende a concellería de cultura convídase aos tudenses a preparar no ambiente familiar este “Caldo de Gloria”. Un caldo para celebrar tamén a nosa cultura gastronómica popular e subir logo ás redes sociais da Biblioteca Municipal de Tui (en Facebook, Instagran ou Twitter) as imaxes e comentarios sobre este “Caldo de Gloria”.

O propio día 24 de febreiro a Radio Municipal de Tui emitirá diversos poemas de Rosalía de Castro lidos por persoas recoñecidas de Tui, de diversos ámbitos sociais, contribuíndo deste modo á divulgación da súa obra e da súa figura.

Fai un Caldo de Gloria na Casa:

– Podes seguir as instruccións que Rosalía dá no poema.

– Ou consultar a receita de Picadillo (1905).

O caldo de Rosalía, a épica dos humildes

Queremos conmemorar o Día de Rosalía lembrando o poema “Miña casiña, meu lar” de Follas novas, no que unha muller pobre conta un capítulo da súa épica diaria: a de sobrevivir. Esta muller que vén de Santiago a Padrón e chega á casa mollada e esfameada, a pesar de que carece de todo e de que os seus avaros veciños lle negan o que lles sobra, consegue o milagre da supervivencia: facer un humilde caldo de gloria e un bolo do pote. No seu triunfo sobre a desventura e a pobreza, ao pé da quentura da lareira no seu fogar, está tamén a lección de como con case nada o ser humano é quen de sobrevivir e ademais ser feliz.

[Le aquí o poema]

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

Publicidade

+ VISTOS

Publicidade
Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies