spot_img
InicioBaixo MiñoTui renova a súa presenza dixital cunha web dinámica e accesible dende...

Tui renova a súa presenza dixital cunha web dinámica e accesible dende distintos dispositivos

tui-renova-sua-presenza-dixital-cunha-web-dinamica-e-accesible-dende-distintos-dispositivosO Concello de Tui contará nos próximos días cunha nova web municipal que brindará información máis completa e facilitará os tramites aos cidadáns.

O novo portal, realizado baixo a tecnoloxía do xestor de contidos Drupal e totalmente accesible dende plataformas móbiles, marcará un punto de inflexión na presenza do Concello de Tui en internet brindando un acceso máis rápido e áxil.  Está estruturada en dúas partes diferenciadas unha delas dirixida a información municipal e a outra sobre a información turística.  No seu deseño apostouse polas cores azul e dourado do escudo e a bandeira municipais.

Amais da información sobre o alcalde, a corporación municipal e outros órganos de goberno, recolle tamén un apartado para os distintos departamentos dende onde amais dun texto introdutorio se achegan as novas de actualidade, información de área, e sobre as instalacións. Tamén varios servizos municipais contan cunha páxina propia accesible directamente ou a través da área á que pertencen.  Búscase amais unha maior interacción co cidadá tanto a través do apartado de “Incidencias” coma no “Buzón de Suxestións”.

Baixo o epígrafe de “Vive” recóllese a información do municipio en canto a situación, poboación, escudo e bandeira, historia, asociacións, clubs, festas… e no mesmo apartado achégase o directorio, transporte, citas previas…

A parte dedicada ao turismo estará accesible proximamente en tres idiomas: galego, castelán e inglés. Na mesma a información da portada estrutúrase entorno aos principais reclamos turísticos da cidade o Conxunto Histórico, o Parque Natural do Monte Aloia, o Camiño de Santiago, o río Miño,  a Eurocidade Tui-Valença, a ruta Xudía, e a comarca do Baixo Miño.

A web completarase no prazo aproximado dun mes cunha aplicación móbil, APP, dende a que se poderá consultar a información do concello, de turismo, a axenda, enviar incidencias, ou recibir avisos.

A presentación esta mañá na aula CeMIT correu a cargo do alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e do concelleiro de Novas Tecnoloxías, Laureano Alonso.

Laureano Alonso quixo destacar que é responsabilidade do goberno presentar agora o resultado de meses de traballo neste proxecto, resaltado o feito de que permitirá unha comunicación máis áxil co cidadá ao través do apartado de incidencias e do buzón de suxestións.

Enrique Cabaleiro asegurou que se trata dun traballo necesario pensado para ser o escaparate da cidade. Amais reiterou a súa responsabilidade á hora de presentala e deixar xa en  mans do novo goberno a súa posta en marcha efectiva.

 

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.