spot_img
InicioPontevedra e ÁreaOs minicruceiros de outono, aproveitan as posibilidades de navegación das rías galegas...

Os minicruceiros de outono, aproveitan as posibilidades de navegación das rías galegas os 365 días do ano 

os-minicruceiros-outono-aproveitan-as-posibilidades-navegacion-das-rias-galegas-os-365-dias-do-anoPreto de 1.000 persoas participaron estes meses nesta experiencia turística, da que se pode gozar ata finais de novembro con singraduras en ferri e catamarán

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou hoxe na saída dos minicruceiros de outono que aproveitan as posibilidades de navegación das rías galegas os 365 días do ano e que están a axudar a consolidar Galicia como destino atractivo en todas as épocas e da man dun turismo de calidade e sustentable.

O minicruceiro programado incluíu unha parada no Museo do Mar e unha visita guiada polas Illas Cíes. Iniciativas como esta son un claro expoñente de que Galicia é atractiva durante todos os meses do ano como así o ten presente Turismo de Galicia na súa Estratexia 2020, apoiando iniciativas como esta e programando experiencias turísticas moi diversas que están a atraer a numerosos visitantes.

Impulsados por Turismo de Galicia, Portos de Galicia e a Asociación Galega de Actividades Náuticas (AGAN+), os Minicruceiros costeiros polas Rías de Galicia’ xa contaron coa participación de preto de 1.000 persoas desde que o pasado mes xuño comezasen a navegar. Trátase dunha iniciativa da que se poderá continuar gozando ata finais do mes de novembro.

Gastronomía e turismo urbano
A oferta deste ano inclúe ata catro propostas diferentes con seis rutas en ferri-catamarán ou en veleiro. Trátase dos itinerarios Minicruceiro costeiro polas rías, de seis días de duración; Minicruceiro Costeiro a Vela Ruta Xacobea Mar de Arousa, de dous días; e Minicruceiro Costeiro Illas Atlánticas e Vilas mariñeiras pola ría de Vigo e Minicruceiro Costeiro a Vela Tesouros da ría de Vigo, ambos dun día de duración e coa posibilidade de escoller entre dous itinerarios diferentes pola ría de Vigo.

Xunto a estas iniciativas, Turismo de Galicia tamén está a impulsar este outono o turismo gastronómico combinado co turismo rural, a través do Outono Gastronómico, con estancias e menús en casas rurais; e co turismo urbano, a través do certame De tapas por Galicia, para escoller a mellor tapa nas sete grandes cidades galegas. Ademais, promóvese o turismo de compras e o termalismo nos Trens turísticos de A Coruña, Lugo e Ourense, así como experiencias moi atractivas para gozar dos parques naturais.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.