spot_img
InicioPontevedra e ÁreaSilva participa xunto con Rajoy e Feijóo nunha xuntanza de coordinación polos...

Silva participa xunto con Rajoy e Feijóo nunha xuntanza de coordinación polos fumes e no minuto de silencio polas persoas falecidas

silva-participa-xunto-rajoy-e-feijoo-nunha-xuntanza-coordinacion-polos-fumes-e-no-minuto-silencio-polas-persoas-falecidasA Presidenta da Deputación Carmela Silva, tras comparecer ante os medios de comunicación en Pontevedra xunto o vicepresidente César Mosquera comezou un percorrido polas localidades do Sur da provincia máis afectadas polos lumes.

En primeiro lugar desprazouse ate Vigo, onde participou na xuntanza de coordinación cos presidentes o Goberno e da Xunta, Mariano Rajoy e Núñez Feijóo, e no minuto de silencio celebrado ante a comisaria como homenaxe as persoas falecidas.

Posteriormente dirixiuse ate Ponteareas para, xunto o alcalde, coñecer de primeira man a situación do concello. Tamén visitou Salvaterra, As Neves, Gondomar, Nigrán e Baiona,  precisamente os concellos que se mantiñan a primeira hora da mañá en “alerta 2” pola proximidade das lapas a núcleos poboacionais.

Carmela Silva subliñou sentirse “desolada” polo que había acontecido na tarde do domingo e na madrugada e recordou que dende o mesmo sábado a tarde activouse o gabinete de crise da Deputación e que estivo en permanente contacto coa conselleira de Medio Rural e o director xeral de Emerxencias para ofrecer toda a colaboración necesaria.

A Presidenta da Deputación subliñou hoxe, na súa comparecencia de primeira hora xunto o vicepresidente, que a totalidade dos medios do Consorcio Provincial Contra Incendios estiveron a disposición dos servizos de emerxencia da Xunta de Galicia ao  longo de toda a fin de semana “incluso moitas veces por riba das nosas posibilidades”.

Silva agradeceu a labor feita polos bombeiros e o persoal do parque de maquinaria que “responderon de xeito afirmativo a nosa demanda para que se incorporaran ao servizo a pesares das libranzas e descansos”. Tamén quixo ampliar este agradecemento a Garda Civil, policías locais, a UME e a todos os servizos de emerxencias, pero sobre todos a toda a veciñanza da provincia que loitou cos seus propios medios contra o lume.

A Presidente coincidiu con César Mosquera en asegurar que o primeiro neste intre era o combate contra as lapas e atender a poboación. “Agora é o momento de seriedade e rigor e polo que temos que estar preocupados e por apagar os lumes e haberá tempo de analizar do que de verdade ocorre nos nosos montes e bosques. Paréceme que a min algúns titulares só buscan xustificacións para os que teñen que actuar”.   “Temos que sentarnos –mantivo Silva- e estudar cales son as eivas que temos nos nosos montes e como funcionan os dispositivos de extinción, pero quero quedarme niso”.

A totalidade dos parques do Consorcio estiveron mobilizados o domingo, con sete motobombas e vehículos de intervención rápida coas súas dotación e os seus reforzos. Ademais no parque de maquinaria mobilizouse dúas  máquinas de cadeas, dúas  góndolas e dúas cisternas que tiveron que ser contratadas de urxencias con 3 condutores maquinistas, un  coordinador e outros tres  condutores externos.

Os medios do Consorcio Provincial actuaron nos incendios de Ponteareas,  Mondariz, Redondela, Pazos de Borbén, Soutomaior, As Neves, Baiona, Nigrán, Pontecaldelas, Salvaterra,  Cotobade, Meis, Fornelos, Salceda, na parroquia de  Morgadáns de  Gondomar, nun incendio industrial en Hierros Mos,  nun incendio dunha carpintería en Pontecaldelas en nun incendio en Budiño (Porriño).

Por outra banda, a Deputación de Pontevedra súmase aos tres días de luto oficial decretados pola Xunta de Galicia e as súas bandeiras ondearán a media asta.

 

 

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.