spot_img
InicioBaixo MiñoA GuardaO Concello da Guarda convida aos artistas locais para participar na ruta...

O Concello da Guarda convida aos artistas locais para participar na ruta “Petiscos con arte”

concello-da-guarda-convida-aos-artistas-locais-participar-na-ruta-petiscos-arteO Concello da Guarda promoverá este outono unha nova ruta gastronómica na que se mesturarán as exposicións de arte coa gastronomía guardesa en pequeno formato.

“Petiscos con arte” será o nome da ruta, que se celebrará os venres, sábados e domingos das dúas últimas fins de semana do mes de novembro. A súa finalidade é promocionar a gastronomía e a creación artística  na nosa vila, de xeito que os participantes poderán degustar petiscos mentres contemplan as obras de artistas locais ou con vinculación ao noso Concello expostas nos locais durante a celebración da ruta.

Con todo, o Concello da Guarda convida aos artistas da localidade e dos arredores a expor a súa arte nalgún dos establecementos que participarán na ruta.

As persoas que desexen participar deberán contactar coa Oficina de Turismo Municipal no teléfono 986 614 546 ou a través do correo electrónico turismo@aguarda.es, indicando o seu interese na mostra  ata este venres 20 de outubro.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.