spot_img
InicioBaixo MiñoTui recibe dúas Flores de Honra no Certame Vilas en Flor 2022

Tui recibe dúas Flores de Honra no Certame Vilas en Flor 2022

Tui recibe dúas Flores de Honra no Certame Vilas en Flor 2022
Na fotografia, a tenente de alcalde, Yolanda Rodríguez recollendo o galardón

É a primeira vez que a cidade acada este dobre distintivo polos proxectos dos Xardíns Troncoso, Antero Rubín e a humanización da rúa Colón, entre outras actuacións.

Revista COUSAS DE Nº15

O Concello de Tui foi galardoado con dúas Flores de Honra no Certame Vila en Flor 2022. Trátase da primeira ocasión na que o concello recibe esta segunda flor, unha distinción para a que o xurado valorou positivamente as actuacións en materia de compostaxe, educación ambiental e as obras de recuperación de espazos para a veciñanza.

Tui. Xardíns Troncoso

Entre esas actuacións foi moi valorado o proxecto de recuperación dos xardíns Troncoso e Antero Rubín xunto co proxecto de humanización da rúa Colón. Neste senso, o xurado do Certame Vilas en Flor premia o bo labor de mellora e apertura de espazos da nosa cidade para uso e desfrute da cidadanía.

O Certame Vilas en Flor xurdiu en Galicia por iniciativa de ASVINOR e AGAEXAR apoiadas e coordinadas pola Fundación Juana de Vega como parte do seu plan de mellora integral do territorio e a paisaxe en Galicia. Trátase dun programa para poñer en valor a riqueza natural e paisaxística do territorio mediante o recoñecemento público dos proxectos de axardinamento, ornamentación floral, mobiliario urbano e espazos lúdicos. Concédense anualmente segundo o criterio do xurado en cinco niveis de Flores de Honra.

O pasado venres en Caldas de Reis recolleu a distinción a concelleira de Parques e Xardíns, Yolanda Rodríguez.

Deste xeito, o Concello de Tui aposta pola continua mellora destes espazos e o traballo para tratar de acadar, no próximo certame, a terceira Flor de Honra.

- Publicidade -spot_img