Inicio Pontevedra Baixo Miño Tui quere converter a beira do Miño nun polo de atracción turística

Tui quere converter a beira do Miño nun polo de atracción turística

O Concello de Tui aposta pola transformación do entorno ribeireño do Miño ao seu paso polo termo municipal apostando pola súa conservación medioambiental e convertendo esta zona nun pólo de atracción turística que axude a revitalizar a economía da zona. No marco deste ambicioso proxecto executouse xa a primeira senda entre a rúa Olímpicos Tudenses e a vella Ponte Internacional.

A obra foi executada por Costas cun orzamento de 80 mil euros e supuxo unha actuación sobre 286 metros cadrados de senda, realizando 72 metros cadrados de escada xunto a Ponte Internacional para dar acceso á Avenida de Portugal, e se construíron 22 metros lineais de escolleira.

A  senda ten un carácter simbólico, xa que supón o inicio da transformación do entorno ribeireño e mellorou de forma notable o acceso dende a rúa Olímpicos Tudenses, onde están situados os clubs de remo, piragüismo e o Centro Interfederado, ata a vella Ponte Internacional.

Dende o Concello trabállase agora en poder realizar sendas fluvial que comuniquen toda a beira do Miño no termo municipal dende o límite con Salvaterra ata Tomiño, proxectos que o alcalde presentou tamén hoxe á xefa provincial de Costas, quen se comprometeu a colaborar na medida das posibilidades do seu departamento.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

691FansGóstame
307SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies