spot_img
InicioBaixo MiñoO Concello de Tomiño e Unicef Galicia organizan un pleno infantil co...

O Concello de Tomiño e Unicef Galicia organizan un pleno infantil co fin de conmemorar o Día Internacional da Infancia 2016

o-concello-de-tomino-e-unicef-galicia-organizan-un-pleno-infantil-co-fin-de-conmemorar-o-dia-internacional-da-infancia-2016
Foto: Acto recente na Casa de Cultura

O Concello de Tomiño organiza, en colaboración con Unicef Galicia, un pleno infantil, co fin de conmemorar o Día Internacional da Infancia 2016 e o 27 aniversario da Convención sobre os Dereitos do Neno (CDN).

Será o vindeiro venres, 18 de novembro, ás 12 da mañá na Casa da Cultura e terá unha duración de 1 hora e media aproximadamente.

Asistiran 4 ou 5 nenos/as de cada colexio e 2 do IES, sumando uns 30 participantes (máis o público).

De parte do Concello asistirán a alcaldesa, e as concelleiras de Cultura e Mocidade.

Sandra González, alcaldesa de Tomiño, dará a benvida aos estudantes e fará unha breve introdución, falando da importancia de que os escolares propoñan melloras para o cumprimento da CDN a través de accións participativas coma un pleno.

A rexedora dará paso á reflexión de cada centro sobre un tema relacionado coa conmemoración do día, no que traballaron previamente.

Despois das reflexións, farase unha valoración xeral dos traballos e pecharase a sesión cunha foto de todas as persoas asistentes.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.