spot_img
InicioAlto MinhoPreto de 120 parellas participarán no III Trofeo de Baile Deportivo Eurocidade...

Preto de 120 parellas participarán no III Trofeo de Baile Deportivo Eurocidade Tui-Valença

iii-trofeo-de-baile-deportivo-eurocidade-cartel-copiar

O III Trofeo de Baile Deportivo da Eurocidade celebrarase este domingo no novo Pavillón Municipal de Tui e como novidade este ano inclúese un “Circuíto Ibérico” para crear unha clasificación propia da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal

Nun acto celebrado onte no Concello de Tui presentouse a 3ª edición do Trofeo de Baile Deportivo Eurocidade. O acto estivo encabezado polo concelleiro da Eurocidade, Miguel Capón, quen valorou positivamente esta proba dentro do calendario de eventos comúns entre Tui e Valença. Amais, estiveron presentes o concelleiro de deportes de Tui, Laureano Alonso, o vereador de deportes de Valença, José Monte, e o director  do Trofeo, Miguel Abreu.

preto-de-120-parellas-participaran-no-iii-trofeo-de-baile-deportivo-eurocidade-tui-valenca

Os bailaríns participarán nas modalidades standard (vals inglés, tango, vals vienés, slow fox e quickstep), latina (samba, cha-cha, rumba, pasodobre e jive), bailes caribeños (salsa, bachata e merengue) e danza coreográfica (baile deportivo e en grupos).

Cada bailarín participará no grupo de idade (xuvenil, junior, youth, adulto e senior) e categoría (iniciación –H,G,F–, territorial -1ª e 2ª–, C, B, “A” nacional e “A” internacional).

Como novidade, e co obxectivo de potenciar as competicións e a creación dunha clasificación común entre Galicia e o Norte de Portugal creouse un “Circuíto Ibérico” no que participarán máis de 80 bailaríns de Galicia e Portugal.

Tratase polo tanto dun evento “espectacular” nas palabras do seu director, Miguel Abreu, quen ademais lembrou que o baile deportivo “é un deporte regulado por unha federación propia e firme candidato a estar nos Xogos Olímpicos nun futuro”.

Pola súa parte, o concelleiro de Deportes tudense, Laureano Alonso, sinalou a oportunidade de que o certame congregue a visitantes en ámbalas dúas cidades e o vereador de deportes de Valença, Jose Monte, destacou o carácter internacional e transversal da proba.

O prezo xeral da entrada será de 6€, namentres que os menores de 12 anos teñen acceso de balde e os maiores de 65 pagarán 4€.  O III Trofeo de Baile Deportivo da Eurocidade Tui-Valença está organizado polo Club de Baile Deportivo Pasos – BaileGalicia en colaboración coa Eurocidade.

III Torneo de Baile Deportivo Eurocidade Tui – Valença

Data: Domingo, 20 de novembro.
Hora: 12:00 a 20:00 horas.
Lugar: Novo Pavillón de Tui.
Entrada: 6€ (4€ +65 anos, de balde para menores de 12 anos).

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.