spot_img
InicioO MorrazoBueuComeza o obradoiro cinematográfico do FICBUEU para persoas con discapacidade

Comeza o obradoiro cinematográfico do FICBUEU para persoas con discapacidade

comeza-o-obradoiro-cinematografico-do-ficbueu-para-persoas-con-discapacidade

A curta realizada por usuarias e usuarios do centro da Asociación Juan XXIII en Cangas proxectarase na vindeira edición do Festival

O obradoiro de curtametraxe da Área Social do FICBUEU, patrocinada pola Obra Social ”la Caixa”, deu comezo esta semana cun grupo de oito usuarias e usuarios do centro da Asociación Juan XXIII en Cangas. As mozas e mozos con discapacidade intelectual formaranse durante catro semanas para acabar gravando a súa propia curta, que o vindeiro ano se exhibirá no Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu (Pontevedra).

A actividade desenvólvese os martes e os xoves de 10 a 12 horas e na primeira sesión xa se achegaron á arte do cine, as diferenzas entre ficción e non ficción, os xéneros cinematográficos ou o equipo técnico necesario nunha película. A seguir, as e os participantes traballarán dende a idea e o guión ata a rodaxe e a montaxe. O obxectivo é contribuír ao desenvolvemento integral das persoas con discapacidade, favorecendo as súas habilidades psicomotrices, creativas e comunicativas, ao tempo que se promove a inclusión social e laboral.

A Área Social do FICBUEU complétase con outras dúas liñas de acción. Dunha banda, proxeccións para persoas maiores usuarias dos dous centros de día da vila, Anduriña e Pescadoira. Doutra, sesións para as nenas e nenos ingresados no Hospital Álvaro Cunqueiro (Vigo). Con estas propostas búscase contribuír ao desenvolvemento social e cultural da nosa contorna, fomentando valores coma o respecto, a igualdade e a solidariedade.

- Publicidade -spot_img